Pais/Nais
Exposición: "As mulleres que levaban o mundo na cabeza"
admin — Dom, 05/03/2023 - 17:11
A través dalgunhas das fotografías de Ruth Matilda Anderson quixemos rendir homenaxe a todas esas mulleres que hai un século traballaron moi duro para soster a Terra, pois sen elas non habería presente.
Exposición de entroido
admin — Dom, 19/02/2023 - 15:12
Da riqueza cultural dos entroidos galegos dáse boa mostra nestes paneis da nosa exposición, adicados a 40 personaxes distintos e a algunhas outras máscaras da Península, que nos axudan a valorar a nosa diversidade
Máscaras de entroido
admin — Dom, 19/02/2023 - 11:16
Como vén sendo tradición o alumnado de primeiro e terceiro da ESO, na materia de educación plástica, sorpréndenos coa súa recreación das máscaras tradicionais dos diferentes entroidos galegos, unha artistada!
Entroido no IES Rosais 2
admin — Dom, 19/02/2023 - 10:38
O venres de Entroido o noso instituto converteuse nun plató de cine e polo patio pasaron pitufos, viquingos, teletubbies, cazapantasmas, piratas, personaxes de Alicia no País das Marabillas, Star War, Tiburón, Matrix, Shrek... Todo vale para montar unha divertida festa! Este vídeo é só un resumo de todos os cursos e disfraces,
Atelier de crêpes
admin — Ven, 17/02/2023 - 12:04
Con motivo da festa francesa de La Chandeleur, o Departamento de Francés organizou no centro unha actividade na que participou a meirande parte do alumnado de francés que puido practicar a comprensión e a expresión oral nun ambiente lúdico no que aproveitaron para degustar as crêpes preparadas por Jeremy e por eles mesmos.
A actividad resultou un éxito.
Moitas grazas a todos os que colaborastes e en especial ao alumnado pola vosa boa disposición. Todos desmostrastes ser uns “master crêpes”.
Exposición "As mulleres que nos levaron á Lúa"
admin — Ven, 17/02/2023 - 00:17
A última quincena de xaneiro tivemos a sorte de ter no instituto a exposición “As mulleres que nos levaron á Lúa”. Esta exposición visibiliza o traballo das mulleres que hai 50 anos foron claves para o éxito da misión Apolo XI e a chegada da primeira persoa á Lúa. Recolle a biografía e logros do equipo de enxeñeiras, matemáticas, físicas e informáticas que participaron nos cálculos de traxectoria, programación dos ordenadores e mesmo a alimentación dos astronautas que viaxaron no Apolo XI.
A exposición serviu tamén como punto de partida para empezar a traballar o “Día da Muller e a Nena na Ciencia”, que se celebra o día 11 de febreiro.
Charla "Mil sorrisos e un perdón"
admin — Ven, 17/02/2023 - 00:08
O 12 de xaneiro tivemos no centro a visita de Daniel Fernández Carril. Daniel é o protagonista da curtametraxe “Mil sorrisos e un perdón” onde conta o accidente que sufriu cando tiña 18 anos por culpa dun home que conducía baixo os efectos do alcol. O accidente foi tan grave que perdeu unha perna e tivo que pasar por moitas operacións. Despois de ver a curtametraxe, o alumnado de 2º de Bacharelato tivo unha charla con el, na que falaron das secuelas do accidente e os perigos do alcol ao volante.
Club de Lectura
admin — Xov, 16/02/2023 - 23:08
No primeiro trimestre comezou a funcionar o Club de Lectura do instituto. Reúnese unha vez á semana nos recreos na biblioteca e o alumnado está moi animado participando. A coordinadora do club é Rosa Iglesias Galán, do departamento de Lingua Castelá e Literatura.
Visita ao Parlamento Galego e á Catedral de Santiago
admin — Ven, 30/12/2022 - 12:25
O alumnado de Economía e de Historia da Arte de 2º de Bacharelato tivo unha saída didáctica organizada polos Departamentos de Economía e de Xeografía e Historia. O día 16 de decembro visitaron o Parlamento de Galicia e a Catedral de Santiago coas profesoras Victoria Castelao Iglesias e María Luisa González Ríos. Na Catedral disfrutaron dunha das obras máis sobresaíntes da arte en España e no Parlamento coñeceron de primeira man as funcións dos poderes lexislativo e executivo de Galicia, exercidos polo Parlamento e a Xunta de Galicia, respectivamente, distinguindo o traballo diferenciado que desenvolve cada unha das institucións.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »
Buscar
Blogs do centro
Redes Sociais
Proa+