Pais/Nais
Dentro do ciclo que normalmente celebramos no Instituto, de Orientación Académica e Profesional para o alumnado de 2º de Bacharelato, o xoves 7 de marzo foi a quenda para os estudos de Enfermería e Fisioterapia. Estes estudos, que interesan a aquel alumnado que opta por aquelas materias relacionadas coa rama Biosanitaria, son obxecto de interese para moitos dos matriculados en 2º A e B.
Os ponentes, desta vez, foron moi especiais, pois ambos foron alumnos do Centro. Silvia Grande falounos acerca de Enfermería desde a súa experiencia como enfermeira, xa, titular do Sergas. Pola súa parte, Tirso Docampo, fisioterapeuta tamén titular do Sergas, achegou a súa experiencia como estudante desta titulación e actual profesional. O noso agradecemento a ambos.
This is the third year our students have taken part in the Spelling Bee Contest organized by School House in Vigo. Our High School Rosai 2 was represented by Ana Macarena Villas Tobar y Yolanda Díaz de Conceiçao both students of 3º ESO.
Congratulations on the hard work they have done learning to pronounce hundreds of really difficult English words!
7ª Edición del Spelling Bee Contest
Este é o terceiro ano no que os nosos alumnos participaron no Concurso de Soletreo organizado por School House en Vigo, que tivo lugar o venres día 1 de marzo. O noso instituto Rosais 2 foi representado por Ana Macarena Vilas Tobar e Yolanda Díaz Conceiçao, ambas alumnas de 3º ESO.
¡Felicidades polo duro traballo que levaron a cabo aprendendo centos de palabras difíciles en inglés!
Por segundo ano consecutivo, o noso Centro colaborou coas actividades que a asociación DOA leva a cabo nos centros de ensino. É DOA unha asociación que loita pola integración social e a maior comprensión cara ás persoas con enfermidades mentais crónicas. Desta vez a actividade, realizada o 26 de febreiro, dirixiuse a un grupo de 3º ESO, cuxos integrantes escoitaron coa maior atención e coñeceron unha realidade que soemos ignorar, que vivimos as máis das veces de costas a ela. O obxectivo da actividade co alumnado foi a de levar a cabo unha campaña sensibilizadora e preventiva cos máis novos, para aumentar o coñecemento acerca da enfermidade mental e as súas causas, evitar condutas de risco e desestigmatizar a visión social da enfermidade mental.
A psicóloga Ruth Rukiski, que leva a cabo o seu traballo no Centro de Rehabilitación da Asociación de Axuda ao enfermo mental en Vigo, dirixiu a charla-coloquio "Mentalízate: información y sensibilización en enfermedad mental". O alumnado, acompañado pola súa titora, Ana Belén Moreda, mostrouse moi interesado en coñecer máis acerca de que é unha enfermidade mental, cales son os transtornos e que facer en caso de coñecer alguén con inicio de síntomas. Profundizouse, tamén, acerca de como o uso de tóxicos está asociado ao inicio dun transtorno mental, afondándose especialmente no consumo de cannabis.
Sen dúbida, outra cara da vida que sorprendeu a moitos dos asistentes, pero da que tamén aprenderon moito.
Dª Ana Belén Moreda, titora do grupo, con Dª Ruth Rukiski, psicóloga de DOA
O xoves 21, desde as 9 da mañá, e organizada pola profesora Dª. Marta Estrada, do Departamento de TIC, tivo lugar no noso Centro unha actividade que xirou arredor do tema “Software libre”. Esta actividade orientouse ao alumnado de TIC de 1º de Bacharelato. O encargado de levar adiante a charla-coloquio co alumnado foi D. Xulio Fernández Hermida, doutro en Enxeñaría de Telecomunicacións, e profesor na actualidade da ESTSE de Telecomunicacións da Universidade de Vigo. Creador do Grupo de Procesado de Imaxe con outros profesionais, realizou tamén diferentes proxectos para empresas, entre os que cabe destacar un recoñecedor de textos impresos en Braille, ou un dos últimos proxectos, a liña da Realidade Virtual. Como firme defensor da utilización do software libre, a súa charla orientouse ás posibilidades de uso e desenvolvemento que na sociedade este tipo de software pode ter.
O 19 de febreiro de 2013, os alumnos de 4º de ESO do IES Rosais 2 recibiron a visita de Emilio Pascual, autor de Días de Reis Magos, novela xuvenil que obtivo o premio Lazarillo en 1999 e o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil no ano 2000.
Durante a charla-coloquio os alumnos tiveron a oportunidade de conversar co autor sobre distintos aspectos da obra que leran. As súas preguntas estiveron orientadas principalmente a indagar nos misterios da creación literaria: dende a orixe da inspiración ata a planificación e desenvolvemento do argumento e os personaxes. Entretecendo o relato da súa experiencia como escritor con vívidas referencias literarias, Emilio Pascual nos fixo gozar do conto dunha soa frase de Augusto Monterroso, das corenta e tres postas de sol que o Principito viu nun só día, do descenso ao Hades do mítico Orfeo, da métrica oculta no Quixote, da propia vida como fonte inesgotable de inspiración... E así, coma se dun día de Reis Magos se tratase, recibimos de Emilio Pascual o regalo inmenso da súa paixón pola literatura.
O encontro concluíu coa firma e dedicatoria de exemplares da obra aos alumnos e coa entrega dun recordo para o autor: un gravado realizado por Xavier Cordero Doce no taller da materia de Educación Plástica e Visual.
O xoves 14 de febreiro recibimos no Centro a D. Ricardo Corderí Salgado, xefe do Servizo de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo. Ao longo dunha hora dirixiuse ao alumnado de 2º de Bacharelato, e fixo un rápido e produtivo percorrido por todos os campus da Universidade de Vigo, informándonos sobre titulacións, servizos e posibilidades que se poden atopar. A charla, para a que el mesmo propuxo o título de "Universidade de Vigo, onde reside o éxito", foi moi interesante, polos datos que nos ofreceu e as portas que abriu coa súa información a moitos dos presentes.
O día 1 de febreiro, e baixo o lema "A túa seguridade é o noso compromiso", organizamos no Centro unhas "Xornadas de Educación Vial". Estas xornadas estiveron dirixidas pola Dirección Xeral de Tráfico e persoal da Unidade de Educación Vial da Policía Local de Vigo. Contamos coa participación do doutor Ángel Quirós Infiesta, traumatólogo (Clínica de Fátima), que xunto coa madriña das Xornadas, a piloto de Fórmula 1, María de Villota, souberon transmitir a mensaxe obxectivo das Xornadas. De 9 a 11 da mañá falaron para o alumnado de 1º de Bacharelato, e tras unha pausa reiniciouse a sesión, contando xa neste momento coa presenza do alcalde da cidade, D. Abel Caballero, que dirixiu unhas palabras ao alumnado de 2º de Bacharelato, xa incorporado á actividade.
Unha iniciativa que interesou e agradou sobremaneira, tanto ao alumnado ao que ía dirixida como ao profesorado que asistiu.
O pasado 31 da xaneiro o alumnado de 1º de ESO acompañados polas profesoras María Martínez e Mª Isabel Martín acudiron á granxa Kiriko como unha das actividades complementarias do Departamento de Bioloxía e Xeoloxía. Alí participaron nunha xornada lúdica-educativa xunto con outro centro de A Guarda traballando en grupos mixtos. Con esta actividade o noso alumnado conseguiu:
- Aprender a convivir coa Natureza de xeito sostible
- Entender os beneficios da Natureza e as interrelacións entre os seus compoñentes
- Achegarse ó coñecemento da Biodiversidade mediante a observación de diferentes especies e razas
- Superar problemas ou díficiles situacións adquirido confianza nun mesmo
- Respetar as opinións dos demáis e conseguir consenso cando había que escoller unha resposta grupal
Nas clases de Lingua e Literatura Galega de 3º ESO impartidas pola profesora Ana Belén Moreda, a poesía acompañou o desenvolvemento da materia dende comezo de curso, enchendo o corazón do alumnado e atrapándoos pouco a pouco. Convertéronse en creadores de fermosos tautogramas titulados "Todo ten x/m en Galicia", en grandes recitadores e recitadoras que puxeron voz a Celso Emilio, Rosalía, Manuel María, Antonio García Teijeiro ou Ana Romaní, e agora, co gallo da celebración do día da Paz, decidimos fundir poesía e imaxe, tendo como modelo a obra de Apollinaire, para crear estes fantásticos caligramas que aquí vos deixamos.
O día 28 de xaneiro, luns, o alumnado de 2º de Bacharelato D visitou a sé central de Inditex, Zara e Zara Home, en Arteixo. Alí tiveron a oportunidade de visitar, durante un percorrido guiado de dúas horas, a estrutura de Deseño, Produtos e Recursos, así como a zona de Escaparatismo virtual e saída de novas coleccións. O complexo, dotado ademais do Centro loxístico e 13 fábricas, puido ser aprezado, desprazándose en autobús dentro do propio complexo, onde tamén puideron ver o edificio intelixente complementado co muíño eólico. Coincidiron, na visita, con xornalistas de Wall Street Journal, que viñan informarse in situ sobre fenómeno Inditex, estudado en áreas económicas mesmo de diversas universidades, polas características comerciais desta firma, entre as que destacan, tal e como comentou a guía, a falta de "stock" e a rapidez na intercomunicación entre tendas, ao tempo que a capacidade para detectar as necesidades do mercado e poñelas inmediatamente na rúa. Tan interesado se mostrou o alumnado de Economía de 2º D que foron obsequiados, ao final do percorrido, coas camisetas "Cool People" da colección Zara.
Tras esta visita, desprazáronse, acompañados polas profesoras Ana Gago e María Jesús Sánchez, para poder percorrer a zona centro da Coruña, paseando pola praia de Riazor, facendo fotos na praza de María Pita e visitando a Fnac. De todo isto quedou boa constancia gráfica.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 39
- 40
- 41
- 42
- 43
- 44
- 45
- 46
- 47
- seguinte ›
- última »
Buscar
Blogs do centro
Redes Sociais
Proa+