Pais/Nais
Dinamización Lingüística
OBRADOIRO DE REGUEIFAS
admin — Xov, 25/03/2021 - 20:48
"O alumnado de 2º da ESO asistiu a un obradoiro de regueifas "Do pan á rima", organizado online polo Museo do Pobo Galego, no que puideron ver a evolución deste doce de vodas ao desafío actual. Para rematar aprenderon o esquema dos versos e trucos para regueifar e fixeron e cantaron eles mesmos unha copla"
DÍA DA POESÍA
admin — Xov, 25/03/2021 - 09:58
DÍA DA POESÍA
O 21 de marzo é o día da poesía, o dos bosques, o do Síndrome de Down e contra o racismo así que dende Lingualízate, o Equipo de Dinamización Lingüística, decidimos facer un pequeno recital online con estas temáticas, e colgar estes poemas no corredor da ESO xunto a algunha fotografía para poder ler un xénero non tan habitual entre a rapazada.
8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
admin — Mér, 10/03/2021 - 20:51
8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
A semana pasada Carlos García Movilla, profesor do Departamento de Plástica, organizou un taller de estampado de camisetas con deseños feitos por alumnado do centro para o día 8 de marzo. Ademais, o grupo de Igualdade e o de Dinamización Lingüística do instituto, organizou unha actividade para dar visibilidade a mulleres galegas pioneiras en diversos ámbitos. O alumnado buscou información sobre elas, fixeron vídeos sobre as súas vidas e cada un dos grupos da ESO decorou as portas da súa aula inspirándose nunha desas mulleres.
PIONEIRAS
admin — Mar, 09/03/2021 - 22:48
PIONEIRAS
Para dar voz a todas esas mulleres silenciadas ao longo da historia o alumnado de primeiro de Bacharelato fixo uns pequenos vídeos adicados a mulleres galegas pioneiras en distintos ámbitos: aviación, medicina, astronomía, deportes... velaquí algún exemplo.
DÍA DA NATUREZA
admin — Mér, 03/03/2021 - 12:54
DÍA DA NATUREZA
Para salientar o respeto pola fauna e flora autóctona o EDLG montou unha pequena expo co gallo do Día da Natureza, o 3 de marzo. A modo de xogo léxico pódense comprobar os coñecementos sobre os nosos animais, árbores e matugueiras, ademais de concienciar sobre a importancia do coidado do medio ambiente
VÍDEO HOMENAXE A KEPA JUNQUERA
admin — Ven, 26/02/2021 - 00:03
VÍDEO HOMENAXE A KEPA JUNQUERA
"Mar de terra" é un documental gravado nos entroidos galegos do Macizo ourensán, principalmente, polo gran músico vasco Kepa Junquera, que agora cedeu aos institutos galegos para que puidésemos gozar da súa proxección. Como agradecemento pola súa xenerosidade dende os centros gravamos diferentes vídeos para animalo a superar uns tempos que para el están a ser aínda máis difíciles. Velaquí o noso, onde lle mostramos as máscaras que a rapazada fixo ao son das súas voces e zanfonas.
DÍA DE ROSALÍA
admin — Mér, 24/02/2021 - 02:17
DÍA DE ROSALÍA
O 24 de febreiro é o día de Rosalía de Castro así que para celebralo Lingualízate, o EDLG do instituto, fixo unha pequena exposición, "As caras de Rosalía", para abrir o debate nas aulas sobre a comparativa entre Rosalía escritora e Rosalía icona gráfica e símbolo da galeguidade. Ademais elaboraron a Playlist de Rosalía, máis de tres horas de poemas musicados, que xa compartiron con outros centros de ensino e está a ter moito éxito.
ENTROIDO 2021
admin — Xov, 18/02/2021 - 03:12
ENTROIDO 2021
Este ano o Entroido nos Rosais 2 celebrámolo ao grande. Tivemos un meco, unha exposición sobre personaxes do Entroido galego, rapazas e rapaces de 3º da ESO presentando esta exposición nos cursos de 1º e 2º, puidemos ver un vídeo sobre varios destes personaxes, un documental do músico Kepa Junquera e, o máis importante, a rapazada de 1º e 3º participou nun concurso de máscaras baseadas nestes personaxes que nos aledou a entrada do instituto. O nivel foi altísimo e todas merecían premio pero despois dunha longa deliberación o resultado podedes velo nas fotos. Grazas a todas e a todos por participar e feliz Entroido!!
Os paneis elaborounos o alumnado de 3º ESO e as máscaras o de 1º e 3º ESO. A exposición foi organizada pola profesora Liliana Carro, coa colaboración de Olalla Lamela, Paula Oanes e Carlos G. Movilla.
Durante a semana do 8 de febreiro podedes participar nun concurso sobre a exposición na aula virtual do instituto ou na propia exposición, na entrada do centro. Animádevos a participar!
Acceso ao Cuestionario do Entroido desde a Aula Virtual do IES Rosais 2 |
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
Buscar
Blogs do centro
Redes Sociais
Proa+