Pais/Nais
Lingua e dinamización celebra o día da poesía
admin — Lun, 28/03/2022 - 13:27
Co motivo do día da poesía, o 21 de marzo, o alumando de 1º de bacharelato B e D sacou o seu lado máis artístico e crearon uns pequenos poemas a varias mans, como un xogo poético, no que no intre de escribir só podían coñecer os dous versos anteriores. Quedáronlles moi ben, son uns poetas!
Concurso Fotografía Matemática
admin — Xov, 24/03/2022 - 20:20
O departamento de Matemáticas convoca un concurso de fotografía matemática aberto a toda a comunidade educativa do centro.
O prazo de presentación remata o 24 de abril. As bases pódense consultar no adxunto.
Amplíase o prazo de presentación ata o 20 de maio
Charlas da Policía Nacional
admin — Xov, 24/03/2022 - 17:46
Neste trimestre recibimos a visita da Policía Nacional dentro do Plan Director. O alumnado de 1º e 2º de ESO recibiu unha charla sobre os riscos que ten o mal uso de internet e das redes sociais. Falouse dos retos virais e de moitas actividades perigosas que están á orde do día e de como evitalas. O alumnado de 3º e 4º de ESO recibiu unha charla sobre o acoso escolar e as consecuencias do mesmo para todos os implicados.
Siluetas de mulleres
admin — Mar, 15/03/2022 - 22:53
Coñecemos as mulleres que durante a historia foron importantes e moitas veces silenciadas? Para comprobarlo tivemos na entrada do instituto un panel con información de moitas delas e a súa silueta e ao cabo dunha semana descubrimos a súa foto e nome. A gañadora do concurso, despois dun sorteo entre as acertantes, foi Laura Sobral, de 1º de ESO C. Parabéns á gañadora e grazas por participar!!.
Charla sobre violencia machista nas relacións de parella
admin — Mar, 15/03/2022 - 15:10
O 1 de febreiro o alumnado de 1º de Bacharelato asistiu a unha charla sobre a violencia machista nas relacións de parella. A relatora pertence ao centro de recuperación integral para mulleres que sofren violencia de xénero en Santiago e falou de como identificar sinais e comportamentos que acaban derivando en relacións tóxicas. Intentou facer reflexionar ao alumnado sobre a autoestima, o amor, o papel das amizades á hora de apoiar ás persoas que se atopan nunha relación deste tipo e de como intentar axudar a saír dela.
8 de Marzo, Día Internacional da Muller
admin — Dom, 13/03/2022 - 16:00
Con motivo do 8 de marzo, día da muller, tivemos varias exposicións e actividades no centro. Unha das mulleres que admiramos de 1º de ESO que organizou o Departamento de Plástica, outra de portadas de revistas e xornais que fixo o alumnado de 1º Bach e organizou o Departamento de Lengua e Literatura Española, outra de mulleres científicas de 4º da ESO organizado por Bioloxía, outra de mulleres relevantes organizado por Antropoloxía e finalmente o deseño e creación de pósteres conmemorativos do 8M realizado por alumnado de 1º Bach desenvolvido dentro do ámbito das TIC (Departamento de Tecnoloxía). Con todas elas aprendimos moito!.
Lecturas
admin — Dom, 13/03/2022 - 15:52
Alumnado de 1º de Bacharelato foi esta semana polas aulas de 1º e 2º da ESO a ler textos con voz de muller en lingua galega, para facernos reflexionar sobre todo aquilo que non queremos volver escoitar ou como queremos cambiar o mundo. Coa literatura podemos aprender moito e até cambiar o noso xeito de pensar. Esta actividade organizouna Lingualízate e o Departamento de Lingua Galega.
Entrega de premios do concurso de disfraces
admin — Xov, 10/03/2022 - 20:36
Hoxe fixemos entrega dos premios do concurso de disfraces. O primeiro premio foi para 1º Bach B cos Felices Anos 20 e o segundo premio para 1º ESO C coa Idade Media. O xurado tamén decidiu outorgar un accésit a 1º Bach D pola súa recreación da final de fútbol na que España gañou o Mundial de fútbol de 2010. Parabéns!.
Violencia de xénero e novo contexto dixital
admin — Xov, 10/03/2022 - 20:26
Dentro do Plan Proxecta: Por 365 días de respecto e igualdade, o alumnado de 3º ESO tivo un obradoiro sobre a violencia de xénero e o novo contexto dixital. Falouse sobre os estereotipos e os roles de xénero que aparecen frecuentemente nos anuncios de xoguetes, perfumes, roupa,..., e o uso tanto do corpo das mulleres como dos homes como meros obxectos, a cosificación das persoas. Mostráronse anuncios libres de estereotipos pero polo de agora, na nosa sociedade, son os menos. Tamén recibiron información sobre o uso das redes sociais e a privacidade nas mesmas. Durante o mesmo aprenderon formas de configuralas e controlar quen pode acceder a súa información e falouse da importancia de ter coidado co que soben a internet. Durante o obradoiro tratouse tamén de diferentes formas nas que se exerce a violencia de xénero a través das redes.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- …
- seguinte ›
- última »
Buscar
Blogs do centro
Redes Sociais
Proa+