Pais/Nais
Inglés
Os nosos alumnos Clara García e Yago García de 3º ISO-B participaron no Concurso de Deletreo Spelling Bee que se celebrou no Teatro Salesianos o día 10 de marzo de 2017 organizado por School House. Logo de superar varias roldas de palabras realmente difíciles (stubbornness, phlegmatic) quedaron clasificados en segundo e terceiro posto respectivamente.
¡ Parabéns e a seguir deletreando!
The teacher Alejandra Souto is working with her pupils doing Timelines.
If you want to take a look at them clic here: María Wonenburger' blog
Os alumnos de 1º ESO B, Sección Bilingüe, celebraron Halloween decorando cabazas e disfrazándose segundo as tradicións anglo-americanas.
As dificultades da pronunciación inglesa para os estudiantes do noso centro foron recollidas neste video que Charina Deausen, a nosa Axudante Lingüística, realizou cos alumnos de 2º C-ESO. O video reflicte o traballo en clase das verbas homófonas e os trabalinguas e é o seu traballo final.
O 31 de maio despedimos a nosa auxiliar lingüística Charina Deausen, de quen imos ter un grato recordo pola súa magnífica labor docente e simpatía no seu trato co alumnado e profesorado.
O 30 de marzo departamento de inglés organizou a charla-coloquio "¿Cultura inglesa?" para o alumnado de 3º e 4º da ESO.
D. Luke Wilson foi o relator da mesma.
Os alumnos Miguel Fernández e Tomás Mael García de 3º-A ESO participaron no concurso de deletreo en inglés, Spelling Bee, organizado por School House, en representación do noso centro. O concurso tivo lugar o pasado 4 de marzo de 2016 no cine Salesianos.Os nosos alumnos superaron a 1ª ronda, a pesar da dificultade das palabras desta edición.
¡Noraboa y e a seguir deletreando!
Os alumnos de inglés 1º ISO-B (Sección Bilingüe), realizaron, coordinados pola Axudante Lingüística, Charina Deausen, un video sobre distintos estados de Estados Unidos.
No mesmo falan de aspectos culturais, xeográficos e políticos de cada estado, divididos en grupos de tres.
Os alumnos buscaron e elaboraron a información e practicaron a súa pronunciación antes de gravalo.
O 27 de marzo xubilouse a nosa compañeira de departamento Dª Ángela Suárez.
O noso centro participou un ano máis no concurso de Spelling Bee organizado por School House.
A nosa representante de 3º ESO A, Alejandra Amaro, resultou gañadora obtendo o primeiro premio que consiste nunha estanza lingüística en Canadá durante un mes a cargo de School House.
Alejandra preparou a conciencia a pronunciación de centos de palabras inglesas, coa inestimable axuda da nosa Axudante Lingüística, Charina Deausen.
CONGRATULATIONS!
Buscar
Blogs do centro
Redes Sociais
Proa+