Pais/Nais
Concursos e premios
XXX CONCURSO DE PINTURA INFANTIL E XUVENIL 2020-21.
admin — Mér, 23/06/2021 - 17:34
O alumnado de 1º ESO participou por segundo ano consecutivo no Concurso de Pintura Infantil e Xuvenil para Centros Escolares que convoca Patrimonio Nacional. No seguinte vídeo hai una mostra dos oito debuxos seleccionados para presentar ao concurso. A profesora de Educación Plástica e Visual, Paula Oanes, foi a responsable da actividade.
CONCURSO "O ENIGMA BINARIO".
admin — Ven, 18/06/2021 - 11:59
Dentro das actividades organizadas polo departamento de tecnoloxía no ámbito das TIC neste 3 trimestre, planificouse unha actividade transversal que envolvía as unidades didácticas de representación de datos (Hardware Ordenadores) e edición de Imaxe con GIMP.
CONCURSO DIVERSIDADE.
admin — Ven, 11/06/2021 - 18:51
O grupo de Igualdade do instituto organizou un concurso de temática LGBTI, que formou parte dos días dedicados á Diversidade. Velaquí as fotos gañadoras e os artistas tras das cámaras cos seus premios.
ROSCO DA CULTURA GALEGA: ENTREGA DE PREMIOS.
admin — Sáb, 15/05/2021 - 20:53
O equipo de Lingualízate fixo a entrega de premios do Rosco da Cultura galega. Na categoría de bacharelato Andrea foi a única acertante do rosco completo. Para a categoría da ESO houbo dúas acertantes de todas as preguntas e dous que só fallaron unha. Parabéns e a seguir coñecendo a nosa Terra!
- Preguntas para 1º, 2º e 3º ESO | - Preguntas para 4º ESO e BAC |
DÍA DO LIBRO 2021
admin — Mér, 28/04/2021 - 21:21
Co gallo do Día do Libro 2021, o Departamento de Lingua castelá e Literatura organizou unha serie de actividades que se expuxeron en distintas localizacións do centro dende a semana pasada. O alumnado de 1º e 2º de ESO, axudados polo Departamento de Educación plástica e visual, confeccionaron as súas propias cartoneiras. Foi unha boa oportunidade de coñecer esta tendencia que algunhas editoriais alternativas promoveron sobre todo en Hispanoamérica dende 2003. A entrada do instituto encheuse así da cor e alegría que as portadas deseñadas polo alumnado achegaban. Por outra banda, o alumnado de 1º de ESO, en colaboración co Departamento de Lingua inglesa, imaxinou como serían as conversas de Whatsapp entre William Shakespeare e Miguel de Cervantes e expuxeron estas humorísticas “capturas de pantalla” nos taboleiros da entrada. En 3º e 4º de ESO o alumnado rendiu unha homenaxe á iniciativa da artista Nina Katchadourian, que deseñaba auténticos poemas a partir de títulos de libros. As mellores “lomopoesías”, que debían incluir algún título de Cervantes nos seus versos, foron escollidas para a decoración do frontal das escaleiras das distintas plantas do instituto. O alumnado de 1º de ESO D e B encargouse de debuxar unhas letras ben bonitas nesas bandas poéticas. Así mesmo, o Departamento de Lingua castelá propúxonos un reto colectivo: adivinar títulos de obras literarias a partires de emoticonas combinadas. A solución ó enigma desvelouse o venres, Día do Libro. O broche de ouro a todas estas actividades púxoo un concurso literario no que participou alumnado de 1º de ESO e que tivo como gañadores a Alicia Ama Ferreiro e a Sofía Llario Iglesias, de 1º ESO C. Os premios foron un lote de libros escollidos polo Departamento e dous vales para mercar na Casa do Libro. Moitas grazas a todos os que contribuistes para que este Día do Libro fose especial.
PREMIOS DE RELATO CURTO "ANIMAIS ABRAIANTES"
admin — Lun, 26/04/2021 - 09:02
"O 23 de abril o equipo de Lingualízate fixo entrega dos premios de relato curto "animais abraiantes", que recaeron en rapazas de 1º e 3º de ESO. Velaquí algunha foto do emocionante momento e os relatos gañadores. Parabéns a todas!"
CONCURSO 8M
admin — Dom, 25/04/2021 - 22:06
ENTREGA DE PREMIOS
Os equipos de Igualdade e de Dinamización Lingüística do instituto fixeron a entrega do premio que convocaron con motivo do Día Internacional da Muller. O concurso consistía na decoración das portas das aulas da ESO en homenaxe a distintas mulleres galegas pioneiras en distintos ámbitos. O primeiro premio foi para 3º ESO A polo seu traballo sobre a doutora Olimpia Valencia e concederon un accésit a 1º ESO C pola decoración que fixeron sobre a astrónoma Antonia Ferrín.
CONCURSO PANCARTA
admin — Xov, 08/04/2021 - 18:47
CONCURSO PANCARTA
Co motivo de publicitar a nosa campaña de tratamento de residuos, o Departamento de Bioloxía e Xeoloxía convocou un concurso entre o alumnado para deseñar unha pancarta que se colocará na entrada do centro. Entre as opcións presentadas, o xurado seleccionou como gañadora á presentada pola alumna Desireé Rodríguez de 1º Bacharelato. Así mesmo, o alumno Xacobe Álvarez de 3º de ESO foi destacado cunha mención honorífica. Parabéns aos dous!
Pancarta gañadora.
Buscar
Blogs do centro
Redes Sociais
Proa+