Skip to Content

#Trivial

Gañadoras do Trivial Biblioribeira

A nosa noraboa a Ángela e Noa, gañadoras do Trivial Biblioribeira.

Desfrutade do voso premio!

GAÑADORES TRIVIAL BIBLIORIBEIRA

O equipo de Biblioribeira quere agredecervos a vosa participación no noso Trivial co gallo da celebración do Día Internacional das Bibliotecas e darlle a noraboa ás dúas gañadoras deste ano, Noa T. (1º ESO B) e Ángela G. (1º Bacharelato B), as cales recibirán cadanseu cheque por valor de 15€ para trocar por libros na Libraría Paz do Porriño.

 

Velaquí as respostas ao noso Trivial:

  1. Cal é o nome da famosa librería da cidade do Porto que ten sona pola relación que garda con Harry Potter e a súa creadora, JK Rowling? Lello.
  2. A biblioteca municipal do Porriño forma parte dun edificio que se chama… Centro cultural municipal.
  3. Recoñecida coma a librería máis antiga do mundo, a Librería Bertrand está na cidade de... Lisboa.
  4. O edificio do centro da imaxe é parte dunha famosa biblioteca inglesa (a Bodleian Library). En que cidade a podemos atopar? Oxford.
  5. Que se decide facer con moitos libros de cabalaría no capítulo 6 do Quixote? Queimalos.
  6. Unha biblioteca é un lugar onde se conservan e se len libros. O lugar onde se gardan xornais e revistas é unha: hemeroteca.
  7. A biblioteca Xeral da Universidade de Santiago de Compostela está localizada no... Pazo de Fonseca.
  8. Outra de Harry Potter: As escenas da biblioteca de Hogwarts e do gran comedor foron rodadas en edificios da universidade de que cidade inglesa? Oxford.
  9. As etiquetas que van pegadas no lombo dos libros da nosa biblioteca conteñen a seguinte información: Nome do/a autor/a, título e tipo de libro (xénero literario, se é de ciencias, historia, arte...).
  10. Na biblioteca do Palacio de Mafra e na da Universidade de Coimbra habitan uns animais que "colaboran" na conservación dos libros antigos alimentándose doutros animais (insectos, sobre todo) que poden deterioralos. Estes animais son: morcegos.



Trivial Biblioribeira

Co gallo da celebración do Día Internacional das Bibliotecas, o equipo de Biblioribeira invítavos a demostrar os vosos coñecementos sobre as mesmas. Participa no noso concurso ata o 6 de novembro e poderás gañar un cheque regalo de 15 para trocar por libros na Libraría Paz do Porriño.

Para participar preme na seguinte ligazón: Trivial Biblioribeira.

Distribuir contido


by Dr. Radut