Skip to Content

#biblioribeira

Samaín. Lectura en vivo.

O pasado martes 27 de outubro tivo lugar na biblioteca do noso centro unha lectura en vivo de contos de terror para celebrar o Samaín. O alumnado do club de lectura de 1º ESO D leu os textos e o equipo da biblioteca organizou a actividade.

GRAZAS a todos/as pola súa participación.

 

As bolsas viaxeiras da nosa biblioteca xa comezan a moverse!

Este curso o alumnado de 1º ESO poderá desfrutar da nosa particualr versión das "mochilas viaxeiras". 

O Equipo Biblioribeira prepara unhas lixeiras bolsas que se adaptan ao gusto e o interese do alumnado, aínda que sempre tentando ampliar horizontes culturais.

Esperamos que vos gusten!

Día das Bibliotecas

O pasado 24 de outubro foi o Día das Bibliotecas. É por iso que o equipo de  Biblioribeira queremos compartir un pequeno vídeo para saibades más sobre a nosa biblioteca.

I Certame Deseño Cartel Conmemorativo

 

 

Este ano Biblioribeira celebra un certame para conmemorar o Día contra a violencia de xénero.

 

Os participantes deberán entregar un cartel conmemorativo en vertical que inclúa unha foto ou ilustración e un slogan de máximo 8 verbas. O texto ten que estar en galego.

Os carteis serán enviados ao enderezo electrónico de Biblioribeira (biblioribeira@iesribeiralouro.com.es) antes do 12 de novembro. O equipo de Biblioribeira fará unha preselección e, posteriormente, toda a comunidade educativa poderá votar ao seu favorito a través de Instagram do 16 ao 20 de novembro. A entrega de premios terá lugar durante o recreo o 25 de novembro na biblioteca do centro.

O premio consistirá nun cheque de 10 euros para gastar na cafetaría do centro e o cartel gañador usarase o ano que ven como imaxe do IES Ribeira do Louro co gallo desta conmemoración. Ademais, elaborarase unha montaxe audiovisual con todas as imaxes recibidas que será proxectada o 25 de novembro en todas as aulas do centro ás 10:15h e que será compartida cos centros de primaria adscritos.

Animádevos a participar!

Distribuir contido


by Dr. Radut