O pasado 4 de novembro celebramos o día das bibliotecas escolares colaborando nun recital poético organizado pola biblioteca Biblosvivos do IES Pedras Rubias. Para a ocasión empregouse a obra “CON TEXTURA DE FUME”, que reúne os poemas presentados a concurso por alumnas e alumnos de diferentes centros escolares, premiados ou seleccionados no Certame Rosalía de Castro de Poesía Escolar 2015.
Un acto entrañable, no que a música acompañou, un acto cheo de emoción, unha viaxe poética que nos permitiu afondar en sentimentos expresados a través das palabras do noso alumnado.
Pinchade aquí para ver os videos do acto.
![](/centros/iesribeiralouro/system/files/u115/IMG_4362.JPG)
![](/centros/iesribeiralouro/system/files/u115/IMG_4356.JPG)
![](/centros/iesribeiralouro/system/files/u115/IMG_4354.JPG)