Skip to Content

Fondo solidario libros - material

Versión para impresora

PUBLICACIÓN DE LISTAXES PROVISIONAIS. FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E CHEQUES MATERIAL ESCOLAR

As listaxes provisionais de adxudicación do fondo solidario de libros e axudas para material escolar xa se poden consultar no taboleiro do centro.

As reclamacións ás listaxes do fondo solidario de libros poderán presentarse os días 13 e 14 de xullo. As listaxes definitivas con adxudicación concreta de libros publicaranse en setembro.

As reclamacións ou/e correccións de deficiencias nas listaxes de vales de axudas para material poderán presentarse até o 20 de xullo.

 

En Cambados; a 10 de xullo de 2020

A Dirección

DOCUMENTACIÓN QUE SE PRESENTA

20 Maio 2020
Etc/GMT+1

DOCUMENTACIÓN QUE SE PRESENTA

● ANEXO I

● Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

● Copia do libro de familia ou documento equivalente onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar. En caso de separación ou divorcio deberán achegar ademais a sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.

● Excepcionalmente, poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:Certificado ou volante de convivencia. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

● Certificado do grao de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.

● Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar.Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

● Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores, para alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor e titores carezan de DNI ou NIE.

Datas de entrega de solicitudes por cursos e por apelidos

20 Maio 2020
19 Xun 2020
Etc/GMT+1

Este ano, de maneira excepcional, a Dirección do centro decidiu poñer as datas de entrega de solicitudes por cursos e por apelidos, e quedaría como segue a continuación:

● DO 20 DE MAIO AO 3 DE XUÑO: ALUMNADO QUE PROMOCIONA A 3º e 4º ESO

De 10:00 a 11:30 H. ---------- Da A ata a M

De 11:30 a 13:00 H. ---------- Da N ata a Z

● DO 4 AO 19 DE XUÑO: ALUMNADO QUE PROMOCIONA A 1º e 2º ESO.

NESTE PRAZO TAMÉN PRESENTARÁN AS SOLICITUDES O ALUMNADO DO CEIP DE CORVILLÓN E DO CEP ANTONIO MAGARIÑOS PASTORIZA QUE PROMOCIONA A 1º ESO.

De 10:00 a 11:30 H. ---------- Da A ata a M

De 11:30 a 13:00 H. ---------- Da N ata a Z

NOTA IMPORTANTE:

Rógase ós cidadáns , ás familias, etc., que por favor respeten as datas e os horarios, para a entrega de solicitudes, na medida do posible, para evitar posibles aglomeracións no centro educativo.

CONVOCATORIA DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021

(Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinado ao alumnado matriculado en…)

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: DO 20/05/2020 AO 19/06/2020

Este ano, de maneira excepcional, a Dirección do centro decidiu poñer as datas de entrega de solicitudes por cursos e por apelidos. Poden ver o calendario destas quendas así como a documentación que hai que entregar, nas páxinas seguintes deste anuncio.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal

Tamén se poderán presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes. Os impresos de solicitude presencial tamén se poden sacar da aplicación https://www.edu.xunta.es/fondolibros (ANEXO I e ANEXO II).

Para acceder ós enlaces das páxinas seguintes, pulsen no título deste anuncio.

Ou tamén poden descargar o texto coa información completa picando aquí.

Distribuir contido


by Dr. Radut