Skip to Content

RECLAMACIÓN CUALIFICACIÓNS 1º BACHARELATO CURSO 2022-2023

A Orde do 2 de marzo de 2021 pola que se regula o dereito do alumnado á obxectividade na avaliación e se establece o procedemento de reclamación das cualificacións obtidas e das decisións de promoción e obtención do título académico que corresponda:

- Entrega de notas ordinaria o día 7 de xuño de 2023 e de notas extraordinaria o día 26 de xuño de 2023 no horario que se estableza. Revisión no centro será o día 8 de xuño de 2023 e o día 27 de xuño de 2023, no horario de 8:50 ata 14:30.

- Recoméndase ao alumnado que fale co profesor/a antes de presentar a reclamación formal. 

- A reclamación debe ser por escrito ao Equipo directivo de 8:50 a 14:30h nas datas sinaladas (o modelo de reclamación pode recollerse en Xefatura de Estudos).

- Os impresos para tramitar as reclamacións serán facilitados na conserxería do centro aos proxenitores e/ou representantes legais do alumnado.

- En caso de alumnado maior de idade os trámites poderán ser realizados polo propio alumno/a.

 

Trámites e actuacións para BACHARELATO

Ordinaria

Extraordinaria

Presentación

Reclamación formal ante a dirección

8 e 9 de xuño de 2023

27 e 28 de xuño de 2023

Revisión no centro

Decisión de modificación ou ratificación da cualificación final (Informe do equipo docente ou departamento didáctico)

12 de xuño de 2023

29 de xuño de 2023

Reunión extraordinaria para revisar o proceso de adopción da decisión de promoción ou titulación á vista das alegacións realizadas.

12 e 13 de xuño de 2023

29 e  30 de xuño de 2023

Comunicación da decisión ao alumnado  reclamante, e á persoa docente titora

13 de xuño de 2023

3 de xullo de 2023

Anotación nas actas de avaliación, e no seu caso, no expediente e no historial académico, da oportuna dilixencia (secretaría do centro) no caso de modificación dalgunha cualificación final

Tras o proceso de revisión.

Tras o proceso de revisión.

Reclamación ante a Xefatura Territorial

Reclamación ante a Xefatura Territorial (no caso que persista o desacordo)

14 e 15 de xuño

4 e 5 de xullo de 2023

Anotación nas actas de avaliación, e no seu caso, no expediente e no historial académico, da oportuna dilixencia (secretaría do centro) no caso de modificación dalgunha cualificación final

Tras o proceso de revisión.

Tras o proceso de revisión.

- A atención ás reclamacións por parte dos departamentos realizarase o día seguinte de recibida a reclamación formal por escrito.

- Comunicación á persoa reclamante da resolución do Departamento; e información do procedemento a seguir caso de que non estea de acordo.

Equipo Directivo

 

NORMATIVA APLICABLE:

- Orde do 2 de marzo de 2021 pola que se regula o dereito do alumnado á obxectividade na avaliación e se establece o procedemento de reclamación das cualificacións obtidas e das decisións de promoción e obtención do título académico que corresponda, en educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210311/AnuncioG0598-040321-0002_gl.pdf

- Circular 1/2022 da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional pola que se precisan aspectos da Orde do 2 de marzo de 2021

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/circular_1_2022.pdf

- Instrución 2/2023 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se precisan aspectos da Orde do 2 de marzo de 2021 para o curso 2022-2023

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/instrucion_2-2023_asinada.pdf

 



page | by Dr. Radut