Skip to Content

2º premio no Certame de Banda Deseñada AX1 2021

O pasado venres 10 de decembro, a alumna do noso centro Blanca Fernández Portas gañou o segundo premio do Certame de Banda Deseñada AX1 convocado polo IES Arcebispo Xelmírez I de Santiago.

O xurado do certame fundamentou este segundo premio "tanto nos aspectos formais como na alta sensibilidade que transmite. A autora [...] presenta un debuxo limpo e suxerente cunha sucesión e xogo de planos ben escollida. A inxeleza no uso da cor e das imaxes crea un relato suxestivo que medra viñeta a viñeta".

O seu traballo será publicado proximamente xunto aos do resto de gañadores/as.

Noraboa á nosa artista! 

E noraboa tamén aos departamentos de Lingua Galega e de Debuxo, que traballaron conxuntamente neste proxecto que deu como froito moitas outras grandes obras.

 

 



story | by Dr. Radut