Skip to Content

Consello escolar

Este curso toca a renovación parcial do Consello Escolar. O proceso ten varias fases e un calendario que veñen detallados no arquivo que se adxunta a esta entrada.

A primeira actuación que se debe levar a cabo é o sorteo público para elixir un profesor/a, un pai/nai, un alumno/a e un representante do PAS que formarán a Xunta Electoral do proceso. 

Este sorteo público terá lugar o vindeiro 29 de outubro, ás 11:00h, e unha vez realizado, enviaranse as citacións para a constitución da Xunta Electoral.

Ao longo deste mes iremos informando de cada un dos pasos a dar e dos prazos para os mesmos.

Animamos a que as familias presenten as súas candidaturas, pois este é un órgano no que teñen voz e voto e poden influír en moitos aspectos relacionados coa escola.



story | by Dr. Radut