Taboleiro |
Pois xa pasou o primeiro trimestre no I.E.S Punta Candieira, neste curso 2020 – 2021 ou “O curso raro” e quen di raro/estraño fala desa “nova normalidade” á que parece que os “novos” se acostuman con moitísima máis facilidade e rapidez que os “vellos”, ¡Cousas veredes! ¿Quen nolo ía dicir...? Tamén hai que agradecer o esforzo e bo comportamento que teñen os “nosos novos” por manter o bicho a raia... Aínda que por miles de motivos e escusas que agora non veñen o caso non fomos capaces de publicar todas as actividades que realizamos ó longo desta avaliación, moitísimas cousas, máis das que se ven a primeira vista... esta publicación o que pretende é render contas de algunhas (que non todas, seguramente algunha actividade se nos pasou por enriba ou peor aínda, non quedaron probas gráficas de elas...). Moitas de elas, están en publicacións de outros membros da nosa comunidade educativa, e como no, agradecemos profundamente a todos aqueles que fan publicidade das actividades e proxectos que se levan a cabo no I.E.S Punta Candieira co alumnado, profesorado e persoal do centro, sinceramente grazas pola vosa colaboración, dedicación e interese. Orzamentos Participativos
Premios II Concurso de Podcast - Radio
Proxecto Hiperbaric Challenge – Discalzos Racing Team!!
Muro Colaborativo Pola Igualdade
25 N - Día Internacional de la Eliminación de la Violencia contra la Mujer
Reanudación Proxecto Lóva Imeterne
Rifa Hiperbárica
Visita Eli Rios ó I.E.S. Punta Candiera
Buscando Financiación e Patrocinios no Proxecto Hiperbaric
Actividade de Xeografía de 1º E.S.O.
Gañadora da Rifa Hiperbárica
Xubilacións Profesorado ata Xuño 2020
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Información para ó alumnado e familias sobre a situación actual e tendencias do mercado de traballo nas FORZAS ARMADAS como unha opción máis tras o remate dos estudos na ESO, BAC ou Ciclos Fromativos de FP. Información e enlaces de acceso
Notas de Corte Acesso año 2020
Requisitos de Acceso a los distintos Rangos de las Fuerzas Armadas Españolas
|
|||
Os Horarios Espello, son os horarios de formación en liña equivalentes a docencia presencial nos casos de peches de aulas e/ou do centro (nos casos que así suceda, e por tanto se avisará a todo o alumnado que estea afectado nesa situación). Ademais dos horarios espello achéganse os Horarios de Atención de Nais e Pais nos casos de Ensino a Distancia: |
|||
|
|||
O luns 21 de decembro os alumnos participantes do Proxecto Hiperbárico "Discalzos Racing Team", fixeron a entrega da Caixa Hiperbárica á gañadora do Sorteo Hiperbárico: Eva Durán Bereijo co número 284. Parabéns e a desfrutar do premio. O equipo Discalzos Racing Team e o Profesorado do I.E.S. Punta Candieira quere agradecer a ampla e xenerosa colaboración, de todos aqueles que participaron tanto na elaboración da caixa como na compra de boletos e difusión do sorteo. |
|||
Con motivo do Sorteo da Caixa Hiperbárica, o número premiado foi o 284 Parabéns a/o afortunada/o do Sorteo. Temos todo xa preparado para que se leve o seu premio á casa (se quere). O luns 21 de decembro do 2020 pola mañá se fará a entrega.
Pd: Pregamos ó/á ganador/a que veña cunha máscara máis... imos botar moito a faltar o xamón. |
|||
O día 6 de marzo o departamento de electricidade organizou unha visita á central hidroeléctrica As Forcadas cos alumnos do ciclo medio de Instalacións Eléctricas e Automáticas e FPB Electricidade e Electrónica.
|
|||
Hoxe recibimos unha mensaxe da organización do Hiperbaric Challenge, e a partir de mañá estará dispoñible do kit coa carrocería para empezar a construir o noso coche de inercia...xa estamos en marcha...esta mañá organizamos a recollida do material e en canto chegue subiremos fotografías, e así vos manteremos informados, pero lembrade, pedímosvos difusión do noso proxecto...que non se diga que non sabemos apoiar ao noso alumnado!!!!! # lovamosapetar
|
|||
Xa temos campión do torneo de fútbol sala de segundo e terceiro da eso. Na foto están os finalistas que disputaron un gran partido o pasado luns día 3 de febreiro. Tras un partido moi axustado e disputado, gañóu por un gol de diferencia o equipo dos Chekos a Ultimeit Tim. Tras dous meses de partidos con 7 equipos inscritos e máis de 50 alumnos participantes estamos moi contentos cos resultados do torneo. Unha aposta do departamento de Educación Física e da dirección do centro para implementar accións de promoción da actividad física nos recreos. Parabéns a todos os participantes grazas polo voso comportamento e colaboración.
|
|||
A segunga quenda de alumnos visitou a pista de Xeo do Marineda City na Coruña. O xoves 30 de xaneiro acudimos nesta ocasión con 122 alumnos de segundo ciclo da eso e os alumnos de Bacharelato. Outra xornada deportiva e de convivencia que disfrutaron alumnos e profes acompañantes.
|
|||