Skip to Content

25N Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres

Campaña #DeFronte impulsada dende a área de igualdade da Deputación da Coruña co gallo da conmemoración do 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

Teatro na Casa da Cultura de Ordes

Relato para un incendio

de ERNESTO Is

 

 

 

16 novembro 2023. 

Teatro de Varela Producciones & Cía. de Blanca Marsillach

Belcebú 


Imagen de Gema e Max, protagonistas da obra.

 

 

7 Novembro 2023. 

O alumnado de 3º ESO participa nunha representación de teatro educativo sobre bullying e ciberacoso, na sede AFundación da Obra social ABANCA na Coruña. 

Actividade proposta polo departamento de Lingua Castelá, dentro do programa IGUALA-T.

O TRADICIONAL MAGOSTO

Un ano mais contamos co Benito para celebrar o tradicional magosto no instituto, e tamén co chocolate quente do Nogallás. As castañas asadas e a bebida quente veñen sendo un clásico no noso Samaín. Grazas por vir!

Un gran traballo colaborativo do alumnado de 1º Bac e 4ºESO trataba de ambientar o xardín coa temática do cementerio na festa pagana das ánimas. Tamén o alumnado de 1ºESO procurou adornos para as fiestras do edificio 2.

Grazas a todos por participar!

CHARLAS SOBRE ACOSO

ANPA Carboeiro no CEIP Camiño Inglés de Sigüeiro-Oroso

convida a todas as familias do IES ORDES a participar nestas charlas sobre acoso.

Toda a información esta detallada no cartel.

I COMPETICIÓN DE FUTUROS PROFESIONALES DE MAQUINARIAS Y ELEVACIÓN

O alumno do Ciclo Medio de Electromecánica de Vehículos Juan Fisteus Furelos clasificouse para a fase final da "I COMPETICIÓN DE FUTUROS PROFESIONALES DE MAQUINARIAS Y ELEVACIÓN" que terá lugar entre o 22 e o 25 de novembro na 19 edición de SMOPYC en Zaragoza.

Este é un novo éxito do alumnado de Automoción do IES Ordes. 

NORABOA a Juan Fisteus e a todo o profesorado do departamento de automoción, especialmente ao seu titor José Manuel Carabel.

ESCOLA DE NAIS E PAIS- IGUALA-T

Onte no IES de Ordes tivemos a sorte de contar coa presencia da prestixiosa sexóloga e xinecóloga Carol Strate, no obradoiro de Educación Sexual en Familia, dirixido a familias e profesorado, onde abordamos cuestións esenciais para favorecer unha sexualidade saudable dende a infacia ata adolescencia, baseada nos valores de respecto, responsabilidade e reciprocidade. O noso agradecmento a Carol, a Asociación Visibles e a todas as nais e profesorado participante.

RECOÑECEMENTO AO PROGRAMA ALIMÉNTATE BEN DO IES ORDES

O CAFI (Centro Autonómico de Formación e Innovación do Profesorado) vén, unha vez máis, de recoñecer a traxectoria destacada e o bo facer do proxecto Aliméntate ben, que se leva desenvolvendo nos últimos anos no IES Ordes, así como o traballo da súa coordinadora Trini Pérez.

Este proxecto no que participan un gran número de departamentos do centro, leva recibidos un gran número de eloxios nos últimos anos.

A coordinadora, xunto cunha das profesoras que leva traballando varios anos no proxecto, Esther Nouche, presentarán o traballo realizado no centro, na actividade formativa "Promoción de hábitos e estilos de vida saludable".

FONDO LIBROS - LISTAXES DEFINITIVAS

As LISTAXES DEFINITIVAS de admitidos e excluídos do Fondo de libros poderán consultarse dende o mércores 26 de xullo, na secretaria ou conserxería do centro, ou a través da aplicación fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital. Non se publicarán na web, debido á lei de protección de datos.

LIBROS DE TEXTO CURSO 2023-2024

Listaxe de libros de texto para o curso académico 2023-2024.

Distribuir contido


by Dr. Radut