Skip to Content

Actividades

TESOUROS REAIS (Museo Centro Gaiás)

18 de abril. Alumnado de Relixión de 3º de ESO desprazouse ata Santiago de Compostela nunha visita didáctica á exposición “Tesouros Reais”.

 

Masterclass Internacional de Computación Cuántica na sede do CESGA

O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) da USC e o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) ofreceu este venres 12 de abril de 10.00 a 14.00 horas unha Masterclass Internacional de Computación Cuántica na sede do CESGA, na que participou alumnado de Bacharelato de centros educativos de Santiago e a súa contorna.

Alexandru Gabriel Cocean e Christian Varela Docampo foron os afortunados do IES Ordes en participar nesta actividade, xunto co profesor Manuel del Río. Mirade coma desfrutaron!

XIX OLIMPIADA DE BIOLOXÍA 2024

O día 2 de Febreiro o alumnado do IES Ordes que cursa a materia de Bioloxía, estivo participando na fase autonómica da XIX Olimpiada de Bioloxía.

VISITA PREPARATORIA DE PROFESORAS DO INSTITUTO ISS PARMENIDE

Os pasados 11 e 12 de xaneiro de 2024 estiveron no noso centro o IES Ordes as profesoras Mariangela e Rita, do IIS Parmenide, un instituto situado en Roccadaspide, na zona de Salerno, no sur de Italia.  Esta estancia  forma parte dunha visita preparatoria das dúas profesoras para organizar a viaxe que van a facer ao noso centro 6 alumnos/as e 2 profesores/as do seu instituto, do 5 ao 11 de maio, dentro do seu proxecto Three little habits. A finalidade deste proxecto é fomentar a práctica deportiva, a dieta saudable, a inclusión e os intercambios dixitais.

VIAXE A ESTAMBUL

Un nutrido grupo do alumnado de 1º e 2º bacharelato do IES ORDES (49 persoas), realizou unha viaxe a Estambul, entre o 30 de novembro e o 4 de decembro. Esta é unha actividade deseñada pola xefa do Departamento de Relixión, Mª José Maroño Otero, que foi acompañada doutras tres profesoras do instituto ordense, para achegar o cruzamento de culturas e relixións que se vive en Estambul, única cidade europea con parte tamén en Asia.

Visita Os Biosbardos • Cultura de Leira

 Actividade para o  alumnado de 1º de bacharelato da materia de bioloxía, xeoloxía e ciencias ambientais do IES de Ordes.

Conferencia EDUCACIÓN S. XXI con JOSÉ LUIS GARCÍA «Educación sexual y consumo de pornografía», en Santiago de Compostela

Convidamos a todas as familias e profesorado a participar neste ciclo de conferencias orientado a reflexionar sobre o labor e os retos que se atopan familias e docentes na educación actual. Un escenario onde impulsar o diálogo entre a comunidade educativa e especialistas en diversas materias, con temáticas de moi diferente perfil, vinculadas á actualidade, e no campo da educación.

PARTICIPACIÓN NA 19ª EDICIÓN DO SMOPYC EN ZARAGOZA

Un alumno e un profesor do IES Ordes, Juan Fisteus e Jose Manuel Carabel, participan na 19ª edición do SMOPYC en Zaragoza

Distribuir contido


by Dr. Radut