Skip to Content

WINK

CONCLUSIÓN DO PROXECTO WINK

Neste curso, o 14 de marzo de 2022 o noso centro vén de rematar a súa participación no proxecto Wink, promovido polo centro de formación autonómico CAFI. Este proxecto estaba composto por un consorcio no que participaron centros da nosa comarca (CEIP do Camiño Inglés, CEIP Mesón do Vento, CRA Oroso, CEIP ADR Castelao e IES Maruxa Mallo). Os obxectivos deste proxecto foron:

PRIMEIRA MOBILIDADE: ESCOCIA

 

Desde os 19 e 30 de Outubro, os profesores Constantino Bello e Manuel del Río, viaxamos a Escocia para participar na primeira das mobilidades do programa WINK. Nela coincidimos cos docentes do programa CAMINE do concello de Melide.

 

Os primeiros días participamos nun curso impartido por Confluence Scotland dirixido a profesorado de inglés ou de materias bilingües. O obxectivo deste curso era mellorar as capacidades lingüísticas do profesorado á hora de dar clase en inglés. Tamén se viron diferentes estratexias e actividades, que podían ser usadas na aula para axudar ao alumnado a adquirir vocabulario inglés relacionado coas nosas materias.

 

CAMIÑO A ESCOCIA

Xa se achegan as datas para a primeira mobilidade na que profesorado dos distintos centros que participan no proxecto, se formarán en destrezas orais en inglés e no que observarán o funcionamento de centros escoceses. Tamén se procurará facer contactos para a participación dos centros en futuros proxectos internacionais.

O pasado xoves 3 de outubro as persoas participantes tiveron unha reunión no CAFI en Santiago de Compostela, para preparar a mobilidade.

CLICK AND CLIL: Á procura da chiscadela (WINK)

WINK é un proxecto Erasmus+ KA1 no que participan un consorcio dos centros educativos da comarca de Ordes e coordinado polo CAFI, no que participan:

Distribuir contido


by Dr. Radut