Skip to Content

ENCONTRO CON ANTÓN RIVEIRO COELLO

O pasado 9 de xaneiro, o alumnado de 2º bacharelato tivo un encontro con Antón Riveiro Coello, autor de As rulas de Bakunin, novela lida no primeiro trimestre. O escritor falou da súa vida e desta obra, das orixes e significado.

MÁIS

CHARLA "Os fundamentos do funcionamento dun ordenador"

O catedrático de Arquitectura de Computadores da USC Francisco Férnandez Rivera estivo dando un charla titulada "Os fundamentos do funcionamento dun ordenador", que pertence ao A Ponte que ofertan as universidades galegas.

Nesta charla, na que participaron alumnos e alumnas de 1º de Bacharelato das materias de Tecnoloxía e TIC e que tivo lugar o 14 de xaneiro, explicouse como é a arquitectura de von Neumann. Esta arquitectura é na que se baseas os computadores desde os anos 40 do século pasado ata os nosos días.

 

 

TÉCNOLOGO POR UN DÍA

O alumno Martín Loureiro de 2º de Bacharelato participou en Tecnólogo por un día. Esta é unha actividade na que estudantes de 12-17 anos experimentan en primeira persoa como é un día de traballo no marco das profesións dixitais da man de grandes organizacións galegas. 

Martín compartiu unha xornada laboral en Televés participando nas distintas actividades un profesional da empresa tiña na axenda dese día.

ENCONTRO CON SANTIAGO LOPO

O pasado día 3 de decembro contamos coa visita de Santiago Lopo, que veu celebrar un encontro co alumnado de 1º de bacharelato para falar da súa obra Arte de trobar, que foi lida e da que os alumnos foron examinados ao longo do 1º trimestre.
Tras unha breve presentación por parte do escritor, a rapazada preguntou todas cantas dúbidas tiña respecto do contido, do proceso de creación da obra ou calquera outra curiosidade que quixeron coñecer do feito de ser escritor.

 

MÁIS

SEMANA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Toda a comunidade educativa do IES Ordes está realizando durante esta semana unha serie de actividades para conmemorar o día internacional contra a violencia de xénero.

PRIMEIRA MOBILIDADE DO PROXECTO WINK: ESCOCIA

Desde os 19 e 30 de Outubro, os profesores Constantino Bello e Manuel del Río, viaxamos a Escocia para participar na primeira das mobilidades do programa WINK.

Os primeiros días participamos nun curso impartido por Confluence Scotland dirixido a profesorado de inglés ou de materias bilingües. Posteriormente fomos a Kinross para ver o funcionamento do centro e aprender como se imparten as nosas materias en un país de fala inglesa.

MÁIS INFORMACIÓN

 

 

 

PRÁCTICAS DE FP NO EXTRANXEIRO - PROGRAMA ERASMUS +

Aberta convocatoria para a realización das prácticas de FP no estranxeiro.

MÁIS INFORMACIÓN

Benvida

   
LOCALIZACIÓN
 
 

INFORMACIÓN DE INTERESE

     
   NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
              

LIBROS DE TEXTO DO CURSO 2015-2016

 

BLOG DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

 

CALENDARIO ESCOLAR

 

Distribuir contido


by Dr. Radut