Skip to Content

TESOUROS REAIS (Museo Centro Gaiás)

18 de abril. Alumnado de Relixión de 3º de ESO desprazouse ata Santiago de Compostela nunha visita didáctica á exposición “Tesouros Reais”.

 

Donación de material por parte de Talleres Prado e Granado

Moitas grazas Talleres Prado e Granado por donar todo o material que vedes na foto ao Departamento de Automoción do IES Ordes. O noso alumnado fará bo uso del. Moi contentos e agradecidos!

ORGULLOSOS DO NOSO: Abril Viqueira Pose

PARABÉNS! a nosa alumna Abril Viqueira Pose de 2º Bacrarelato de Ciencias e Tecnoloxía, que foi premiada cun accésit na modalidade de narración dos Premios Literarios Minerva.

ORGULLOSOS DO NOSO: Abril Viqueira Pose

Masterclass Internacional de Computación Cuántica na sede do CESGA

O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) da USC e o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) ofreceu este venres 12 de abril de 10.00 a 14.00 horas unha Masterclass Internacional de Computación Cuántica na sede do CESGA, na que participou alumnado de Bacharelato de centros educativos de Santiago e a súa contorna.

Alexandru Gabriel Cocean e Christian Varela Docampo foron os afortunados do IES Ordes en participar nesta actividade, xunto co profesor Manuel del Río. Mirade coma desfrutaron!

LICITACIÓN DO SERVIZO DE CAFETERÍA DO IES ORDES

Aberto o prazo para presentar ofertas ao contrato de concesión do servizo da cafetería do IES Ordes.

Prazo desde o día 25 de marzo ata o 22 de abril ás 14:00 horas.

Máis información nos arquivos anexos e no seguinte enlace:

https://www.contratosdegalicia.gal/licitacion?OP=50&N=822258&lang=gl

BOLSAS DO MINISTERIO PARA O CURSO 24/25

PRAZO DE PRESENTACION DE SOLICITUDES: do 19 de marzo de 2024 ás 9 h., ata o 10 de maio de 2024 ás 15 h.

Visita literaria á cidade de Santiago de Compostela

O venres 8 de marzo as alumnas e alumnos de Lingua Castelá de 2.º de Bacharelato realizaron unha visita literaria á cidade de Santiago. Iniciaron a xornada cun paseo guiado polo editor e escritor Henrique Alvarellos, seguindo a pegada compostelá de autores como Federico García Lorca e Valle-Inclán.
Despois achegáronse ao Salón Teatro, onde da man do seu persoal puideron coñecer as instalacións e comprobar canto traballo técnico e artístico se agocha detrás dunha montaxe escénica.

A actividade foi organizada polo Departamento de Lingua Castelá do centro.

Visita literaria á cidade de Santiago de Compostela

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2024-2025

REMATADO O PRAZO DE RESERVA DO ALUMNADO DOS CENTROS ADSCRITOS

HAI MAIOR NÚMERO DE RESERVAS QUE VACANTES PARA 1º DE ESO

EN 1º DE BACHARELATO ESTÁN ADMITIDAS TODAS AS RESERVAN E NON HAI QUE PARTICIPAR NA ADMISIÓN

Polo tanto, todo o alumnado debe participar no proceso de admisión, incluso o que xa fixera a reserva.

  • O prazo de solicitude de admisión é do 1 ao 20 de marzo.

Mapa de Zona de Influencia de Centros Públicos

De acordo coas instrucións ditadas pola Xefatura Territorial da Coruña.

Mapa de Zona de Influencia para o IES Ordes.

XIX OLIMPIADA DE BIOLOXÍA 2024

O día 2 de Febreiro o alumnado do IES Ordes que cursa a materia de Bioloxía, estivo participando na fase autonómica da XIX Olimpiada de Bioloxía.

Distribuir contido


by Dr. Radut