Saídas Didácticas
A SOIDADE DO CORREDOR DE FONDO. 2ª PELÍCULA NO CGAI
O 23 de febreiro o alumnado de 4º de ESO foi á súa segunda cita cinematográfica asistindo ao CGAI para ver a película A SOIDADE DO CORREDOR DE FONDO.
|
Tony Richardson. Reino Unido, 1962. 99 min. |
TEATRO : LA CASA DE BERNARDA ALBA
O departamento de Lingua Española organizou para o día 2 de febreiro a asitencia dos grupos de 4º de ESO á representación teatral da obra LA CASA DE BERNARDA ALBA. A obra, unha das máis significativas de Lorca, foi escrita no 1936 , ano da morte do autor. A primeira vez que se representa é no ano 1946 en Bos Aires.
TEATRO: E TI QUEN VÉS SENDO?
Como complemento da programación de Lingua Galega, asistimos co grupo de 1º de Bacharelato á representación da obra dirixida por Cándido Pazó e interpretada pola compañía Talía Teatro. Fartámonos de rir. |
SINOPSE :Un fato de “persoas sen teito” vai representar unha versión do Anfitrión de Plauto nun festival organizado nun albergue de acollida. Por un desencontro coa dirección da institución asistencial deciden seguir os ensaios pola súa conta.Reunidos no lugar no que se acochan diariamente, o soto dun edificio en construción abandonado, o proceso da montaxe da célebre comedia plautina acaba derivando por insospeitados camiños.
TEATRO: AS AVENTURAS DE SHERLOCK HOLMS
OS CATROCENTOS GOLPES. 1ª PELÍCULA DO CEGAI
SAÍDA Á ESCOLA DE IMAXE E SON DE SOMESO
Nos últimos días lectivos de decembro, despois de rematar os exames,sempre duros para os rapaces, houbo dúas saídas escolares relacionadas coa orientación laboral para o futuro.
O alumnado de 1º e 2º de Bacharelato interesado en estudos audiovisuais tivo a oportunidade de visitar a ESCOLA DE IMAXE E SON de SOMESO para recibir información sobre os estudos que alí poderían realizar . Na actividade estiveron implicados o Departamento de Música e o de Orientación.
Tamén para o alumnado de 2º de Bacharelato, o Departamento de Matemáticas organizou unha visita ao Instituo Nacional de Estatística.
ASISTENCIA AO CICLO DE CINE NO CGAI
O alumnado de 4º de ESO asistirá ao longo deste curso ao ciclo de cine para institutos titulado Novas Emocións Novos espectáculos organizado polo Centro galego de artes da imaxe . A actividade é proposta conxuntamente polos departamentos de Plástica e Lingua Española que realizarán nas aulas actividades relacionadas coas películas visionadas.
Pódense ler as súas impresións e respostas sobre as películas no blog seguinte:
http://novosespectadorescgai.wordpress.com/
A programación consta de cinco títulos que se proxectarán de xaneiro a maio no seu formato e lingua orixinal (cine 35 mm, versión orixinal subtitulada en castelán). No contexto social actual as imaxes prodúcense e recíbense sobre todo como produtos de consumo, por iso é necesario e urxente poder acceder ao cine como arte. O obxectivo é aprender a ser espectadores capaces de analizar os procesos creativos e expresivos da arte cinematográfica e, sobre todo, aprender a gozar de xeito sensible co cine.O conxunto das cinco películas que configuran a programación ofrece a posibilidade de ver un tipo de cine habitualmente marxinado polas pantallas comerciais, e ao mesmo tempo, descubrir a amplitude e a riqueza do patrimonio cinematográfico. A través das cinco películas programadas poderase analizar de que forma se crean, expresan e intensifican as emocións no cine, a través das eleccións formais do cineasta.
VISITA AO MUSEO CARLOS MASIDE DO CASTRO
O día 27 de novembro, visitamos o museo de arte contemporánea Carlos Maside de Sada. A actividade, organizada polo Departamento de Lingua Galega, estivo dirixida ao alumnado de 3º e 4º de ESO co obxectivo de complementar os contidos da programación referidos á obra de Castelao, a Xeración Nós e os artistas do exilio como Luís Seoane.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- seguinte ›
- última »