Saídas Didácticas

SAÍDA AO TEATRO

18/10/2018 11:00
Africa/Addis Ababa



Hoxe, o alumnado de cuarto de ESO asistiu á representación de Eroski Paraíso , una obra da compañía Chévere que amosa por medio da ficción moitas das transformacións sufridas na nosa sociedade nas últimas décadas . O espectáculo convida á reflexión sobre temas como a emigración e o desarraigo. A obra  , na XXI edición dos premios María Casares , recibiu os galardóns nas categorías de mellor espectáculo, mellor dirección para Xesús Ron, mellor actriz protagonista para Patricia de Lorenzo e mellor música para o grupo muradán Terbutalina.Desfrutámola moito, agora toca a reflexión na aula sobre os diferentes temas que nela se tratan. A actividade foi organizada polo Departamento de Lingua Galega.

Obradoiro de dobraxe para 2º de ESO

O alumnado de 2º de ESO participou hoxe, 24 de abril, nun Obradoiro de Dobraxe na Casa da Cultura de Sada, grazas á iniciativa do Concello e coa colaboración da biblioteca A Esperela.

Aprenderon os fundamentos da dobraxe e fixeron unha curtametraxe baseada en "Crepúsculo". Foi moi divertido!! No blog da biblioteca pódese ver o resultado.
 

SAÍDA DIDACTICA A COSTA DE DEXO

SAÍDA DIDÁCTICA A COSTA DE DEXO.

 

 

Os alumn@s de 1º ESO, fixerón este venres día 9 de marzo de 2018, unha saída a costa de Dexo, organ

izada polo departemento de Bioloxía e Xeoloxía, coa finalidade de ver no noso entorno próximo 

os contidos que estamos a estudar na materia de Bioloxía.

O ponente, Francisco Canosa Martínez, (http://rutasxeoloxicasdegalicia.blogspot.com.es/) explicounos a orixe das rochas que  atopamos, e a diferencialas. Mostrounos os pliegues que diferenciou das fallas. Poidemos ver no sitio unha fractura xeolóxica. Aproximounos o modelo xeolóxico de como estaría a nosa costa dentro de 120.000 anos. Explicounos a construcción do solo, e a ersión do litoral, coa formación de furnas e bufadoiros.

Asistencia ao teatro

Desta vez tocoulle ao alumnado de 3º e 4º de ESO asistir ao teatro. A obra escollida,  O tolleito de Inishmaan,  recibiu varios galardóns nos Premios María Casares. Trátase  dunha comedia de Martin McDonagh,  dirixida por Cándido Pazó e representada por oito fantásticos actores e actrices galegos( Santi Romay, Susana Dans, Ana Santos, Evaristo Calvo, María Roja, Marcos Pereiro, Ricardo de Barreiro y Luis Iglesia.) Os habitantes dunha pequena illa irlandesa viven as súas sinxelas vidas, e entre eles está o tolleito, que persegue o soño de ser amado e valorado como calquera outro. Este é o inicio da obra que baixo a forma da comedia agocha o sufrimento dun ser marxinado polas súas eivas físicas.

 

 

  

SAÍDA AO TEATRO

 

Hoxe o alumnado de 1º e 2º de ESO foi ao Centro ÁGORA da Coruña para asistir á representación de “Bicos con lingua”, unha comedia, galardoada co Premio María Casares ao Mellor Texto Orixinal e ao Mellor Actor Protagonista.

 Na obra,Toño Casais e Artur Trillo , actores de Talía Teatro, afondan na situación sociolingüística de Galicia  recreando  historias de autores  como Suso de Toro, Cándido Pazó, Avelino González, Ana Iglesias, Xavier Lama, Marta Echevarría e Manuel Núñez Singala.

Agora rapazada, despois de vela, toca a reflexión nas aulas.

Saida 1º ESO ao rio Sor

Os alumnos de 1º da ESO, remontaron o rio Sor, montados en piraguas, disfrutarón do baño e pasaron un día inolvidable. Podedes dar conta da experiencia no vídeo que se amosa a continuación.

VISITA Á LIBRARÍA MOITO CONTO

Anticipando a celebración do  Día do Libro, desde a biblioteca do instituto organizouse unha visita  do alumnado de 3º de ESO á  libraría  "Moito Conto". A idea era que os rapaces e rapazas  gozasen do contacto cos libros   e tivesen a posibilidade de escoller e mercar os que eles  quixesen para a biblioteca do centro. Mercáronse 36 títulos con temáticas moi variadas que pasarán a formar parte do inventario da nosa biblioteca. 

Máis información no blog da biblioteca

 

SOÑO DUNHA NOITE DE VERÁN

02/02/2017 13:05
Africa/Addis Ababa

Hoxe estivemos no teatro cos grupos de terceiro e cuarto de ESO. Vimos a obra da compañía "Voadora": Soño dunha noite de verán, unha interpretación libre do clásico de Shakespeare. Tedes máis información no blog de Lingua castelá. 

VISITA Á BIBLIOTECA RIALEDA

O alumnado de primeiro visitou o pasado día 22 de febreiro a Biblioteca Central Rialeda de Perillo. Foi unha actividade moi completa: historia e distribución do edificio e os xardíns, funcionamento, fondos, catalogación e unha sesión de contacontos con Ramiro Neira. Para ver as fotos visita o blog da biblioteca Esperela.

ASISTENCIA AO CEGAI DO ALUMNADO DE 3º DE ESO

O alumnado de 3º da ESO  visitou o  20 de xaneiro o CGAI para descubrir en pantalla grande El espíritu de la colmena, de Víctor Erice. As reaccións máis espontáneas ao filme foron de estrañeza. “Non ten unha historia concreta e deixa moitas cousas abertas”, dicía un dos alumnos, que se fixara no aspecto lírico do filme, incidindo en que a montaxe xogaba co paso do tempo dun xeito que non nos permitía saber en cantos días tiña lugar a narración.
O contexto histórico no que se sitúa si estaba apuntado “na simboloxía da Falanxe” ou “nos marcos de Franco pendurados das paredes da escola”, comentaban outro grupo de rapazas. A presenza do maqui, cunha morte non representada de forma evidente, recordaban algúns mozos, pareceulles a este grupo de suma importancia na fita, crendo ver metáforas que non se acaban de precisar.
No que todos coincidiron é que a ollada xoga un papel central en El espíritu de la colmena, e que a obra, na que “case non se fala”, está construída en boa parte en torno á mesma.

Podedes ler máis no blogue de CiNed , onde o alumnado deixou as súas opinións sobre a película.

Tamén podedes ver algunha das actividades feitas  desde a materia de Lingua galega no blogue Moradías do vento 

Distribuir contido