Eventos
Proceso de admisión de alumnado de centros non adscritos para o curso 2024-2025
A solicitude será única e poderase presentar:
- preferentemente de forma electrónica
https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/
- de xeito presencial na secretaría do IES
SOLICITUDE ADMISIÓN DE ALUMNADO EN CENTROS DOCENTES SOSTENIDOS CON FONDOS PÚBLICOS: ANEXO II (arquivos adxuntos)
Prazo e lugar de presentación de solicitudes
- Do 1 ao 20 de marzo para aquelas solicitudes que se presenten na secretaría do instituto (de 09:00 a 14:30h)
- Do 1 ao 20 de marzo na sede Electrónica da Xunta de Galicia.
As listaxes provisionais e definitivas de persoas admitidas e excluídas poderán consultarse na aplicación admisionalumnado(empregando a Chave 365 ou certificado dixital da FNMT) ou no taboleiro de anuncios do propio centro.
Hoxe día 1 de Marzo abre o Prazo de Solicitude de Admisión para o alumnado de Centros non Adscritos.
Ven a visitarnos!!!
Concerta unha cita con nós!!!
Deixámosche aquí un tríptico para que nos coñezas un pouco máis.
O alumnado do IES O Mosteirón realizou distintas actividades para conmemorar o 8 de marzo...
Informamos de que se acaba de crear recentemente unha nova ANPA no noso centro.
A ANPA O HÓRREO ten o compromiso de axudar e apoiar á comunidade educativa para o bo funcionamento do noso centro.
Animamos a que vos interesedes polas accións que esta asociación desenvolve e a colaborar con ela.
Aquí poden acceder á carta de presentación dirixida á comunidade educativa do noso IES.
O noso alumnado realizou un obradoiro de primeiros auxilios impartido por unha médico de Urxencias do SERGAS e un Técnico de Emerxencias Sanitarias, para ensinar cales son ás técnicas e procedementos que deben empregar en determinados casos nos que pode estar en xogo a vida de compañeiros e compañeiras.
Aquí pode consultar o menú do mes de abril de 2024.