O alumnado de 4º da ESO visitou nestes días o IES de Teis e o CIFP Manuel Antonio, onde lles mostraron a ampla oferta de ciclos formativos que teñen. Unha visita moi instructiva que abriu as posibilidades de elección dos nosos alumnos e alumnas. Moitas grazas!!!
O pasado 17 de febreiro os alumnos de 1º Bach foron de saída a Vigo, onde visitaron o Museo Liste e o peirao de Bouzas. Unha saída moi ben aproveitada!!
Os nosos alumnos disfrutaron esta semana dunha visita guiada polo Campus de Pontevedra. Facultade de Belas Artes, Fisioterapia, Escola de Enxeñaría Forestal, Facultade de CC. Sociais e da Comunicación, Facultade de CC. da Educación e do Deporte,...Moi recomendables.
O día 30 de xaneiro os pais e nais do alumnado de 4º ESO, 1º Bach e 2º Bach asistiron á charla dada pola Universidade de Santiago de Compostela sobre a súa oferta no Multiusos do Concello de Mos.
Moitas grazas aos asistentes, á ponente e ao orientador.
Aproveitando a exposición sobre fósiles en Vigo os alumnos da materia de Bioloxía tuveron un achegamento directo a estes restos históricos na visita que fixeron o día 13 de outubro.
Os alumnos de 2º de Bacharelato veñen de pasar tres fermosos días, dende o venres 14 ata o domingo 16, nas montañas cántabras, desfrutando do aire puro e as paisaxes fabulosas desta comunidade.