O centro
Familias
Iniciar sesión
SEMANA 22 - 26 DE XUÑO, MATRÍCULA CURSO 20-21 E FIN DE CURSO.
direct — Sáb, 2020-06-20 16:59
SEMANA 22 - 26 E XUÑO
Con respecto a semana do 22 ao 26 de xuño cómpre ter presente estas indicacións:
· As cualificacións publicaranse en abalamobil o martes 23 a última hora da tarde. A unidade de xestión de abalarmobil comunicou que pode haber certa saturación no sistema, co que é posible que haxa atrasos na publicación. Non se entregarán boletíns en papel nin consellos orientadores nesa semana, poderán recollerse no momento da matrícula.
· O xoves 25 e venres 26, en horario de 10:00 a 13:00 terá lugar a atención ao alumnado por parte do profesorado, se ben nesta situación actual e para evitar aglomeracións aconséllase contactar co profesorado vía mail ou telefónica e, de querer unha atención presencial, solicitar cita previa enviando un mail a ies.mos@edu.xunta.gal. Non se entregarán boletíns en papel nin consellos orientadores nesa semana, poderán recollerse no momento da matrícula.
MATRÍCULA CURSO 2020-2021
No bloque lateral de administración ou nesta ligazón pode accederse á información da MATRÍCULA CURSO 2020 - 2021. Alí figuran instrucións, documentación e calendario da matrícula. Rógase a súa lectura completa e atenta para poder levar a cabo o proceso de matrícula nunhas condicións de seguridade .
DESPEDIDA
Chegamos ao final deste curso atípico e desde o equipo directivo do IES de MOS queremos recoñecer e agradecer o traballo e implicación de toda a comunidade educativa:
· Das profesoras e dos profesores, que levaron a cabo o seu traballo nunhas condicións inéditas na historia educativa e achegando recursos materiais propios e horas de traballo incontables. Grazas.
· Do persoal de administración e servizos, que mantiveron o IES de MOS nas mellores condicións materiais posibles e atenderon con enorme profesionalidade a todas e todos os que estivemos por alí trala reapertura do centro. Grazas.
· Do Concello e Protección Civil, que ofreceron a súa colaboración para a impresión de tarefas e reparto do material informático. Grazas
· Das familias, que amosaron unha grande preocupación e compromiso co mantemento do proceso de ensino - aprendizaxe. Mención especial neste sentido para a ANPA, que sempre estivo ofrecendo a súa axuda e apoiando ao centro. Grazas.
· E, por suposto, das alumnas e dos alumnos: o máis importante que temos no Instituto e a súa verdadeira razón de ser. Afrontaron unha situación moi complexa e remataron un curso no que, tras todo o seu traballo, merecen unhas boas vacacións. Estamos moi orgullosos e orgullosas de vós. GRAZAS.
Entre todas e todos conseguimos que a escola pública continúe a ser; coma onte, hoxe e sempre, un servizo fundamental e insubstituíble para todas e todos. Grazas.
O equipo directivo do IES de MOS.