Skip to Content

Matrícula curso 2020 - 2021

 

Na seguinte ligazón pode consultarse toda a información relacionada co proceso de matrícula no IES de MOS para o curso académico 2020 - 2021: instrucións, documentación, calendario de matrícula, etc... É moi importante a súa lectura completa e atenta para axilizar e optimizar o proceso de matrícula e evitar aglomeracións innecesarias e perigosas no contexto sanitario actual.

Lémbrase que este proceso debe ser feito por parte de todo o alumnado, tanto o que xa se atopa no centro como o que chega a 1º de ESO desde os CEIPs adscritos ou como resultado das solictudes de admisión aprobadas. Así mesmo, a participación no proceso de prematrícula ou de reserva de opción non exime de realizar a matrícula oficial, se ben, tal e como se explica nas instrucións, o alumnado que cursará 1º, 2º ou 3º da ESO non terá que entregar de novo o impreso de matrícula nas materias (pero si os restantes).

 

O IES de MOS agradece enormemente a colaboración de todas e todos.

Para calquera consulta, poden remitir un correo electrónico a ies.mos@edu.xunta.gal

 

 

 

 

 



page | by Dr. Radut