O centro
Familias
Iniciar sesión
ADMISIÓN 2020-21
Anónimo — Sáb, 2020-02-29 00:36
Desde o próximo domingo día 1 e ata o 20 de marzo permanecerá aberto o prazo de solicitude de admisión nos centros escolares para o vindeiro curso 2020/21, para todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo (maioritariamente en 4º curso de Educación Infantil), así como para aqueles alumnos de Educación Infantil, de Educación Primaria de ESO e de Bacharelato que desexan cambiar de centro escolar sempre que haxa prazas dispoñibles.
Cómpre lembrar que a Consellería de Educación pon á disposición das familias unha ferramenta informática, a aplicación ‘admisionalumnado’ (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) que posibilita que os proxenitores cubran a solicitude na aplicación, marquen os criterios do baremo que, chegado o caso, queiran que se lles valoren, e poidan presentala de forma presencial no centro, ou por vía electrónica a través da propia aplicación.
Documentación necesaria:
-
Anexo II
-
DNI ou NIE do/a aumno/a
-
DNI dos proxenitores
-
Certificado oficial do expediente académico
-
Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/u convenio regulador onde conste a custodia do menor, de darse o caso.
-
Título de familia numerosa, de darse o caso.
-
Certificado de discapacidade, de darse o caso.
-
Comprobación de datos: os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo e achegar unha copia dos documentos.