Skip to Content

ESTREA DA OBRA TEATRAL DO GRUPO DE TEATRO DO IES MONTE DAS MOAS, TELÓN DE AQUILES: "DOS ÑAQUES PARA UN PIOJO".

O martes 16 de maio estreouse, perante un público composto por alumnado de 2º  e 3º de ESO, e de 1º de Bacharelato, no salón de actos do IES Monte das Moas a última peza teatral representada polo grupo de teatro do instituto, "Telón de Aquiles", co acompañamento musical do grupo instrumental do IES Monte das Moas, "Dijo 4". Trátase de "Dos ñaques para un piojo"  e é unha adaptación da obra de Sanchís Sinisterra "Ñaque o de piojos y actores".

 Uns días máis tarde, o venres 26 de maio, de novo no Salón de Actos do noso instituto, perante alumnado de 2º e de 4º de ESO volveu repetirse a representación, que foi gravada en video para a súa participación no certame teatral do Concello da Coruña.

Este é o proxecto escénico, dirixido polos nosos compañeiros Rafael Alonso Pica e Juan José Dios Cañada, co que os dous grupos do Programa de EDUEXCELENCIA do noso centro, Telón de Aquiles e Dijo 4, colaboran e se presentan á Mostra de Teatro Escolar 2022-23 do Concello da Coruña e ao XXIV Certame de Teatro escolar e afeccionado da Deputación da Coruña.

Ademais é unha proposta didáctica para viaxar aos séculos de ouro coa inspiración no diálogo de Rojas Villandrado no seu " Viaje entretenido", escrita en 1603. Dous actores, agrupación coñecida coma ñaque, dialogan e fabulan facendo século tras século o único que saben facer: Actuar.

Os protagonistas deste proxecto escénico son os seguintes:

Actores e actriz: Antonio Canosa, Álex Atán, Renata Pía e Anthony Rivas.

Músic@s: Tomás Fernández, Simón Lago, Alejandro Rodeiro, Rubén Sánchez,Ramón Fernández, Brais Fernández, Carmen López, Xoel Lago, Candela López, Adrián López, Manuel Maceiras, Paula Rodeiro e Alberte Díaz.

Tecnic@s: Dana Viñán, Daniel Collazo e Julia Ramil.

Directores: Rafael Alonso e Juan Dios. 

 

Aquí tedes un video elaborado pola nosa compañeira Ana Isabel Martínez Fernández que reflicte a estrea da obra :

 



page | by Dr. Radut