Skip to Content

CHARLA DO ESCRITOR PORTUGUÉS NUNO MATOS VALENTE.

O alumnado de Portugués de 1º, 2º e 3º da ESO asistiu no Salón de Actos do noso instituto á charla do escritor portugués de literatura infantil e xuvenil, Nuno Matos Valente, autor do libro “Bestiário Tradicional Portugués” que os/as alumnos/as len nas clases e do que deseñan exemplos de monstros e personaxes míticos portugueses.

 

Trala conversa co escritor, puideron xogar ao xogo de caza dos seres míticos que deseñou o profesor Gabriel André Caneda. Foron distribuídos por equipos e cos seus móbiles (que puideron utilizar por motivos didácticos) acudiron á caza de seres prodixiosos que estaban pola nosa escola.

 

A experiencia foi fantástica e o alumnado ficou a saber moito máis sobre estes seres do imaxinario portugués tan semellantes aos da cultura tradicional galega.

Aquí tedes un video elaborado pola profesora de Lingua Portuguesa e responsable do EDLG, Ana Isabel Martínez Fernández:

 

 

 



page | by Dr. Radut