Skip to Content

CHARLA/ENCONTRO/CONFERENCIA CON XULIA PISÓN "DEBUXANDO O TEU CAMIÑO".

Desenvolveuse no Instituto o martes 6 de novembro a Charla/Encontro/Conferencia "Debuxando o teu camiño" coa ilustradora e debuxante Xulia Pisón.

 

 

Ao encontro con Xulia Pisón "Debuxando o teu camiño" asistiu o alumnado de Debuxo Artístico I de 1º de Bacharelato co seu profesor José Fernando Villaverde Landrove. A Charla foi organizada e coordinada pola profesora do Departamento de Lingua Galega e Literatura, Mar Hermida Pico. Na charla,moi interesante para o alumnado, puideron facerlle preguntas a XuliaPisón, e ela contoulles como con tesón e constancia se pode conseguir o que desexen, contando o seu propio exemplo; primeiro foi enfermeira e agora dedícase á súa paixón, o traballo como ilustradora.

Algúns datos da biografía de Xulia Pisón son:

Naceu na Coruña en 1985.

Ilustradora e debuxante de cómic. Cursou estudos de Ilustración na EASD Pablo Picasso. Recibiu o 1.º premio do Certame Xuventude Crea de BD de 2015. Editou o fanzine McCactus en 2015, e en 2016 publicou (∞-1) con Alita Cómics. Entre os traballos de ilustración que realizou destaca o cartel das Festas de María Pita da Coruña en 2017. Participa cunha historieta curta no volume Licor café.
Creadora do cómic Microalgas. O mundo oculto dentro do proxecto europeo EnhancedMicroAlgae que pretende divulgar o mundo das microalgas.

Aquí tedes outras fotografías do Encontro.

 



page | by Dr. Radut