Skip to Content

Aviso día non lectivo

Comunicamos que o vindeiro día 16 de maio é día non lectivo no IES Monte das Moas.

BOLSAS DE ESTUDO MEC CURSO 2024/2025

Preme no enlace para acceder á información

Acreditación das competencias dixitais do alumnado

Según a resolución do 28 de febreiro de 2024 da direción Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2023/24

  • O alumnado que está a cursar 4º da ESO e titule recibirá un certificado que acredita o nivel de iniciación. Poderá presentarse a unha proba específica co obxectivo de acreditar os coñecementos, habilidades e actitudes propias do nivel intermedio.
  • O alumnado que está a cursar 2º de BACHARELATO poderá acreditar o nivel intermedio completo presentándose a unha proba específica.

Para participar nas probas específicas haberá que estar matriculado en 4º da ESO ou 2º de Bacharelato. O prazo para inscribirse será ata o 15 de marzo e deberán cumprimentar o anexo IV desta resolución e entregala na secretaría do centro.

Modelo de solicitude de inscrición nas probas específicas

 

 

Admisión curso 2024/2025

RESERVA PRAZAS 1º ESO

  • Todas as solicitudes de reserva de praza de 1º ESO presentadas nos centros adscritos para o vindeiro curso foron admitidas. Este alumnado non terá que presentar solicitude de admisión, pero deberá formalizar a súa matrícula no centro según os prazos establecidos que se publicarán na páxina web do centro.

VACANTES PARA O CURSO 2024/2025

  • Non hai vacantes en ningún nivel educativo.

 

 PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2024/2025

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: do 1 ao 20 de marzo de 2024

PUBLICACIÓN LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS: 25 de abril

RECLAMACIÓN ÁS LISTAXES PROVISIONAIS: 5 días hábiles a contar dende o día seguinte á publicación das listaxes provisionais

PUBLICACIÓN LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS: 15 de maio

PRAZO FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA: do 23 de xuño ao 7 de xullo (publicaránse as datas na páxina web do centro)

NORMATIVA REGULADORA:

Decreto 13/2022, do 3 de febreiro

Orde do 21 de outubro de 2022

A Xunta convoca 648 prazas de estadías lingüísticas de verán no estranxeiro para o alumnado de Bacharelato

Achegamos enlace para informar ao alumnado de Bacharelato da convocatoria de estadías  no estranxeiro para aprendizaxe de idiomas.

Prazo ata 12 de marzo. 

O enlace é o seguinte:

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/42370

 

Exitosa participación no concurso "Saber y Ganar"

O alumnado de 4º ESO que representou ao noso centro no programa de RTVE Saber y Ganar, Carmela, Renata e Adrián completaron a proba do Dobre Gran Minuto en tempo e acadaron a máxima puntuación de todos os centros escolares participantes a nivel nacional.

Parabéns de toda a comunidade educativa!!

                            Entrega de agasallos

Probas de acceso a ciclos de FP

Están convocadas as probas de acceso a ciclos de FP. No seguinte enlace tedes a información.

ENTREGA DAS CUALIFICACIÓNS

Na primeira e segunda avaliacións non se entregarán boletíns de notas en papel.

As cualificacións poderanse consultar a través da aplicación Abalar Móbil.

Para as cualificacións das avaliacións ordaria e extraordinaria (no caso do Bacharelato), se entregarán ademais os boletíns.

Distribuir contido


by Dr. Radut