Punto Laranxa contra o acoso escolar

VIAXE A HAMBURGO

Hai uns días compartimos a viaxe a Hamburgo de alumnado de 1.º Bacharelato.

Hoxe son Andrea Vázquez e Leire Guevara as que nos transmiten as súas impresións desa viaxe.


 

A viaxe a Hamburgo foi unha gran experiencia. Polas mañás faciamos actividades organizadas polas profesoras, que nos mostraron os principais monumentos da cidade e nos contaron a súa historia. Tamén visitamos a preciosa cidade de Lübeck, onde os nosos compañeiros alemáns encargáronse de presentarnos e explicarnos algún monumento importante. Ademais de visitar lugares emblemáticos, durante a viaxe fixemos diversas actividades, como a tirolina de “Kletterwald”, na que nos tivemos que superar a nós mesmos e pasamos un gran día. As tardes pasabámolas desfrutando das actividades que nos organizaban os compañeiros alemáns: visitamos o mar Báltico, desfrutamos de tardes de piscina, ceando xuntos e xogando a xogos típicos. Algún día tamén percorrimos outros lugares do centro de Hamburgo. Tivemos moitos momentos divertidos e moi bonitos. Tanto as familias coma os compañeiros acolléronnos moi amablemente nas súas casas e alí coñecemos os seus estilos de vida, as comidas e algúns costumes diferentes aos nosos. Compartimos música, cultura e momentos inolvidables. Definitivamente repetiríamos a experiencia, e esperamos poder reunirnos de novo algunha vez no futuro.

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer