Punto Laranxa contra o acoso escolar

VISITA Á CASA GRANDE DE XANCEDA

Despois de case dous anos sen visitas a empresas, este mércores día 24 de novembro o alumnado do Ciclo de Grao Medio de Comercialización de Produtos Alimentarios coñeceu de primeira man a CASA GRANDE DE XANCEDA. Visitamos as instalacións percorrendo os establos onde teñen ás vacas, a sala para muxir e os lugares de elaboración de produtos alimentarios. Aprendemos unha chea de cousas sobre a esixencias dos produtos ecolóxicos e tamén sobre lácteos e puidemos darlle tamén o biberón aos tenreiros pequenos que estaban por alí e ata aprender a muxir unha vaca!!! A contorna é preciosa e explicáronnos moi ben a historia da granxa e tamén o proceso de elaboración de produtos. Por último desfrutamos dunha degustación de queixos, iogures e doces feitos coa leite das súas vacas!!! Encantounos a visita e aprendemos un montón!! Xa estamos desexando repetir experiencia!

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer