Punto Laranxa contra o acoso escolar

CONCURSO PODCAST

 

O Club de Letras fixo entrega dos premios do concurso de podcast sobre a vacina da varíola e Isabel Zendal. Os premiados son:

GUIÓN ORIXINAL

 

1º PREMIO : Luis Perille pola orixinalidade, coidado na expresión,variedade de efectos e a boa integración destes no guión.

2ºPREMIO:  Iria Cobas polo contido coidado e polas súas reflexións propoñendo puntos de vista diferentes sobre o tema.

 

PODCAST

 

1ºPREMIO : Uxía Suevos  pola calidade técnica, a selección musical e a coidada dicción e expresividade.

2º PREMIOErnesto e Pedro  pola frescura do seu traballo, polo humor co que trataron  o tema e polo feito  de implicar aos veciños do barrio.

 

Aproveitamos para agradecer a todos os participantes a súa colaboración e implicación nos diferentes programas de "O Son das Aulas", tanto profesorado como alumnado. Agardamos que o vindeiro curso este fermoso proxecto continúe acompañándonos e facendo chegar a nosa "onda zalaética" ben lonxe!

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer