Punto Laranxa contra o acoso escolar

ABAU 2021

CALENDARIO CIUG ABAU 2020/21

Páxina web CIUG - ABAU 

 

CALENDARIO FIN DE CURSO 2º BACHARELATO (PREMER AQUÍ)

20-24 de maio: Prematrícula na proba ABAU nos centros de secundaria, onde se entregará a cada solicitante un resgardo de matrícula e as instrucións sobre a aplicación NERTA. O código de activación da conta á aplicación NERTA seralles remitido por E-mail.

24 de maio: Resolucións específicas sobre a forma de realizar e lugar de realización das ABAU para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

25 de maio: Reclamación nos centros de secundaria ás listaxes provisionais de matriculados/as nas ABAU (ata as 14:00 horas).

25-26 de maio: Matrícula Ordinaria na proba ABAU por parte dos centros nos LERD, para alumnado que superou 2º Bacharelato na convocatoria de xuño 2021 e envío preferentemente escaneado por correo electrónico (ou por mensaxería urxente) aos LERD polos centros de Secundaria da listaxe de matriculados/as xerada en NERTA.

3 de xuño: Matrícula extraordinaria para alumnado que aprobe 2º bacharelato na convocatoria xuño despois da resolución das reclamacións pola Comisión de Supervisión da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

8-9-10 de xuño: proba de ABAU ORDINARIA. PREMER AQUÍ PARA VER HORARIOS PROBAS

14-30 de xuño: Matrícula anticipada on line para a proba de ABAU na convocatoria extraordinaria

16-30 de xuño: Solicitude anticipada para cursar ensinanzas universitarias oficiais de Grao no SUG, a través de NERTA.

17 de xuño: Xeración e Publicación on-line das actas de cualificacións provisionais da proba de ABAU e das listaxes nominais de aprobados/as por Comisión Delegada (a partir das 20:00 horas).

18-22 de xuño: Solicitudes de “Revisión” ás cualificacións da proba de ABAU (ata as 14:00 horas do día 22).

28-29 de xuño: Prematrícula para a proba de avaliación de bacharelato para o acceso á universidade na convocatoria extraordinaria nos centros de Secundaria, onde se entregará a cada solicitantes un resgardo de matrícula e as instrucións sobre a aplicación NERTA. O código de acceso á aplicación NERTA seralles remitido por E-mail.

29 de xuño: Reclamación nos centros de Secundaria ás listaxes provisionais de matriculados na proba ABAU (ata as 14:00)

13-14-15 de xullo: PROBA (ABAU) DA CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA.

21 de xullo: Xeración e publicación on line das actas de cualificacións provisionais da ABAU e das listaxes nominais de aprobados/as por Comisión Delegada (a partir das 20:00 horas).

22-26 de xullo: Solicitudes de “Revisión” ás cualificacións da proba de avaliación de bacharelato para o acceso á universidade da convocatoria extraordinaria, ata as 14:00 horas do día 26.

 

MATRÍCULA ABAU 2020/21

INSTRUCIÓNS MATRÍCULA CIUG

Acceso a aplicación NERTA (https://www.edu.xunta.es/nerta). Permite realizar os trámites relacionados coa proba ABAU.

Premer no enlace para acceder ás instrucións de uso da aplicación.

1º TAXAS BACHARELATO:

  • MODELO A1 AUTOLIQUIDACIÓN DE TAXAS (ver en documentos adxuntos)
  • Fotocopia DNI
  • Fotocopia Título Familia Numerosa, de ser o caso

2º TAXAS MATRÍCULA ABAU:

O pago das taxas pode efectuarse:

  • A través dunha entidade bancaria co formulario de autoliquidación (tamén xerado en NERTA) entregando o xustificante de pago de pago na secretaría do centro. 

 

 

 

AdxuntoTamaño
MODELO A1 TAXAS.pdf63.72 KB

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer