Punto Laranxa contra o acoso escolar

PROCEDEMENTO PARA A DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO

ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21 (código de procedemento ED330E).

  • As máscaras distribuiranse entre o alumnado incluído no ámbito desta orde pertencente a familias cunha renda per cápita igual ou inferior ao limiar de 6.000 €.
  • Será beneficiario das máscaras, directamente, o alumnado que resultou beneficiario das axudas de material escolar e, logo de solicitude e comprobación da renda per cápita da unidade familiar, o resto do alumnado que non foi beneficiario por diferentes circunstancias, sempre que reúna o requisito.
  • Non terá que presentar solicitude o alumnado que fose beneficiario da axuda para mercar material escolar no curso 2020/21.
  • As solicitudes deberán presentarse presencialmente no centro docente onde estea matriculado o alumno utilizando o formulario normalizado (anexo I). Este formulario de solicitude (anexo I) tamén estará dispoñible no centro educativo e no portal www.edu.xunta.gal
  • O prazo para presentar as solicitudes será de diez días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG (entre os días 16 e 27 de novembro)
     

Máis información sobre requisitos e documentación a achegar na propia ORDE.

 

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer