2 ESO A, B, C
TEMA 5
PARA TODO O ALUMNADO, REPASO
1) Lecto-escritura: páxina 97, exercicio 8 (por escrito).
2) Oral: páxina 97, exercicio 13 (realizase en audio).
PARA QUEN TEÑA QUE RECUPERAR ALGÚN TRIMESTRE
Páxina 86, exercicio 8.
REFORZO: PARA ALUMNADO QUE QUEIRA REPASAR MÁIS OU QUE PRECISE REFORZAR.
Páxina 80: das liñas 1 á 5, indicar os pronomes tónicos e átonos (por escrito).
ALUMNADO EXENTO: reler a páxina 78 e contestar as preguntas de "Escoita ou le e contesta" (por escrito).
Prazo e correo: ata o luns 27 de abril (incluído) a titoria4@gmail.com
3 ESO A, B
PARA TODO O ALUMANDO
Comprensión e expresión oral: Repaso das cantigas: a partir da visualización do vídeo, na rede, Lingua de reis, lingua dun pobo, a primeira parte, a1/3 realizarase un audio en que se fale das cantigas e se explique: qué eran, tipos, autores e intérpretes, a importancia da lírica medieval galego-portuguesa (para isto podes axudarte de todo o visto na aula e no libro).A duración do audio será de 1 minuto (aproximadamente).
PARA ALUMNADO QUE TEÑA A MATERIA SUSPENSA E REFORZO (quen precise e/ou queira ampliar)
Visualización dese mesmo vídeo de Lingua de reis… e explicará por escrito a diferenza entre os distintos tipos de cantigas, pode servir en esquema (e axudarse do visto na aula e no libro).
ALUMNADO EXENTO
Reler a páxina 116 e escribir un breve texto (5-10 liñas aproximadamente) en que trate algún costume do seu país de procedencia.
Prazo: ata luns 27 de abril (incluído) a titoria4@gmail.com.
Envío as tarefas da semana do 30 de marzo ao 3 de abril de 2020. Especifícoas por sesión de aula.
Primeira sesión:
- Páxina 158 e 159, ler a canción da páxina 158 e realizar s s actividades 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9 e 10 da páxina 159, por escrito.
Segunda sesión:
-Realiza un audio para contestar as seguintes preguntas da páxina 159: 11, 12, 13; e da páxina 160 as actividades 14, 15, 16 e 17.
- Páxina 161, por escrito, 1, 2, 3 e 4.
Terceira sesión:
- Realiza un esquema das páxinas 162 e 163.
- Realiza as actividades das páxinas 162 e 163, por escrito,: 1, 2, 3 e 4.
Se sobra tempo podedes facer a 18 e 19 da páxina 160.
Prazo de entrega: ata venres 3 de abril de 2020 a titoria4@gmail.com.
Está pensada a ir para seguir unha orde semellante á da aula presencial, en todo caso, se non dá tempo nos 40 minutos da hora da aula, podes aproveitar cando teña tempo, sen atafegarse.
Esta semana comezamos co Tema 9.
As actividades van especificadas de forma individual, para as 3 sesións de clase da semana e son:
Primeira sesión:
-Lectura das páxinas 222, 223 e 224.
- Realizar esquema da 224.
- Realizar as actividades da páxina 225: 1, 2, 3, 4, 5 e 17, todos por escrito.
Segunda sesión:
- Inventa un texto argumentativo.
Fai un guión dese texto por escrito.
- Logo expón nun AUDIO os argumentos de forma enumerada.
- O tema deste texto é: A COMIDA SAUDABLE e o positivo que ten seguir os seus parámetros.
- Realizar as actividades das páxinas 226: 1 e 4. . Realizaranse en audio.
Terceira sesión:
- Realizar as actividades 2, 3, 4 e 6 da páxina 226.
- Ler a páxina 227. Realizar a actividade 2.
- Da páxina 228: 3, 4 e 8.
-Ler a páxina 229 e realizar a actividade 2.
Prazo de entrega: durante toda a semana, ata venres 3de abril de 2020.
Se segues o horario das clases semanais, seguro que che axuda a facer un mellor seguimento. É ideal seguir a orde para ter unha visión de conxunto de cada apartado.
As actividades de segundo da ESO, A, B e C, desta semana, ademais do poema visual (un poema acompañado dun debuxo relacionado co tema) son:
1) Da páxina 126, os exercicios 1, 2, 3, 4 e 5. Imos coa ortografía esta semana e así evitamos erros cando escribamos.
Se sobra tempo pódese realizar o exercicio 5 facendo un debuxo e indicando a palabra que se corresponda con cada un, é dicir, representar esas palabras resultantes a través dun debuxo, indicando a palabra axeitada enriba de cada debuxo.
Actividade dun poema visual , recordar que é un poema cun debuxo relacionado co tema, como o que fixeramos en primeiro da ESO relacionado con outros temas; o tema neste caso é a esperanza ou lema semellante como: queda na casa, ou pódese. Esta foi a tarefa primeira desta semana.
Agora imos coas seguintes:
Vocabulario das páxinas 198 e 199, realizar as actividades: 2, 3, 4 (realiza un debuxo e sitúa a palabra no seu lugar), 5, 6, 7 e 8.
Da páxina 200 facer a lectura da teoría e realizar as actividades: 1, 2 e 3.
Prazo de entrega desta semana (23 de marzo) para todos os grupos
O prazo de entrega é ata o luns, día 30 de marzo, ao correo titoria4@gmail.com.
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer