Punto Laranxa contra o acoso escolar

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para material escolar 19-20

No DOG do 20 de maio publícase a ORDE do 3 de maio de 2019 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2019/20 (código de procedemento ED330B).

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática Fondolibros https://www.edu.xunta.es/fondolibros a través da sede electrónica da Xunta de Galicia,  https://sede.xunta.gal
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común utilizando o formulario no fichero adxunto (se o descarga pode ser editado cuberto e impreso) tamén dispoñible na secretaría do centro.

O prazo finaliza o 21 de xuño de 2019.

Pódese consultar toda a información en http://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer