Punto Laranxa contra o acoso escolar

Blogues

SAMAÍN...RAMAÍN...

 

Espectacular photocall deseñado polo alumnado de Actividades Comerciais, capitaneado pola profesora Noelia Sánchez! Deste xeito dinamizaron o centro para o día de hoxe, empregando materiais reciclados, e creando unha xincana por todo o instituto para que participe o alumnado da ESO.

FP SKILLS 2023

 

 

 

Queremos felicitar a Antía Fernández Loureiro, alumna de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais, e á súa titora e profesora de Escaparatismo, Sol Seoane, pola medalla de ouro na edición 2023 de GaliciaSkills-Escaparatismo e comercialización visual. É para nós un orgullo e unha satisfacción este recoñecemento ao seu traballo e dedicación para preparar estas probas. Moitos parabéns! Toca seguir traballando...Madrid 2024 agárdavos!

Visitou a edición de Galicia Skills 2023 alumnado de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais (modalidade dual e ordinario).

SEMANA EUROPEA FP

 

A Semana Europea das Habilidades Profesionais é unha iniciativa da Comisión Europea lanzada en 2016 para reunir ás partes interesadas en amosar as mellores prácticas en Educación e Formación Profesional.
Este ano levouse a cabo entre o 23 e o 27 de outubro. Para iso #SompsFPdual, en colaboración coa Cámara de Comercio da Coruña, ofreceron uns talleres ao alumnado de 4.° da ESO para presentar a FP dual. Yago e Sara, alumnos de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais dual exerceron de embaixadores

ERASMUS DAYS

A semana do 9 ao 14 de outubro celebráronse os "Erasmus days". Seis nos que compartir e difundir experiencias e as oportunidades que ofrece o programa #Erasmus+
Da man da coordinadora Erasmus, Helena Maseda, o alumnado de ciclos formativos participou nas charlas de benvida dos programas KA121 e KA131. Comezamos unha nova aventura! #ErasmusDays
 

BOLSAS USA 2024/2025

Publicadas no BOP as bases do PROGRAMA MUNICIPAL DE BOLSAS USA 2024/25, que teñen por obxecto posibilitar a estadía nos EEUU para cursar o equivalente a 1º de Bacharelato, ao alumnado que cumpra as seguintes condicións.

PRAZO DE PRESENTACIÓN: 23 de outubro ata o 6 de novembro, ambos incluídos. 

Información nos documentos que se inclúen nesta publicación.

RESOLUCIÓN BOLSAS COMEDOR

O 9 de outubro de 2023 publicáronse no enderezo web do taboleiro de anuncios e edictos do Concello da Coruña, as listaxes definitivas que se acompañan coa Resolución de concesión de axudas para o pagamento de comedores escolares no curso 2023-2024. Pódense consultar en:

 

-         

Taboleiro de edictos https://sede.coruna.gal/opensiac/action/infopublica?method=enter&edictos=true

-         

Páxina web de servizos sociais https://www.coruna.gal/serviciossociales/

-         

Taboleiros dos centros cívicos municipais

 

Os listados identificarán as solicitudes atendendo ao número de expediente asignado.

 

Con esta publicación ábrese o prazo para a interposición do recurso potestativo de reposición que será dun mes, do 10 de outubro ao 9 de novembro, ambos incluídos, e poderá presentarse, previa cita (010, citaprevia.coruna.gal), nos rexistros municipais (Praza de María Pita, Fórum Metropolitano, Centro Ágora e Franxa), no rexistro telemático da sede electrónica municipal (https://sede.coruna.gob.es) así como en calquera outro dos previstos no art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

 

Bolsa comedor

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer