Punto Laranxa contra o acoso escolar

blogue dealmudena

FESTA DE GRADUACIÓN DE 2º DE BACHARELATO

 O venres 23 ás 20.00 no salón de actos do noso Instituto

 

(E lembrade que por problemas de espazo, só se permite a asistencia ao salón de actos  a dous acompañantes de cada graduado, pero para que ninguén o perda  proxectarase  no vestíbulo a cerimonia)

INTERCAMBIO CON FRANCIA

NESTA LIGAZÓN PODEDES SEGUER O NOSO INTERCAMBIO CO LICEO FRANCÉS:

http://echangeespagneglieres.weebly.com/

 

Para que vos vaiades facendo unha idea, esta é a web do intercambio:

CURSO DE ORATORIA EN SANTIAGO sábado 29/3

Estaremos en Santiago este sábado preparándonos para ser uns bos oradores.

Iremos os dous grupos de debate:

 

1º Coordinados por Ana López Formoso:

Helena Conde

Enrique de Ron

Andrea Cruz

Fernando Ramilo.

2ºCon Almudena García:

Inés Mosquera

Antón Freire

Violeta Moreira

Francisco Miguens.

O grupo sae da estación de San  Cristóbal ás 8.25 da mañá, pasaremos toda a mañá no curso e nos quedaremos disfrutando de Santiago toda a tarde.

 

O Parlamento Xove prepárase para a súa fase final cun obradoiro de oratoria que terá lugar o vindeiro sábado no Museo Pedagóxico de Galicia. A competición de debate organizada pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado contou nesta edición con 43 equipos e máis de 210 participantes.

Con esta actividade concluirase o programa de formación iniciado no mes de novembro. Tratarase dunha activa e participativa master class na que se alternarán relatorios de retórica con mesas redondas e análise práctica de debates. Mais nesta ocasión, dáselle a volta ás tornas. Ao contrario ca nos encontros dialécticos, non serán os alumnos de Secundaria e Bacharelato os únicos que teñan un papel activo, xa que tanto os membros do xurado -recoñecidos xornalistas, lingüistas, profesores e pedagogos- coma os docentes que coordinan os propios equipos de debate, terán que responder ás preguntas que formulen os mozos e mozas.

Un dos momentos máis especiais da xornada será o que protagonicen Beatriz Gómez, Aitor López, María González e José Carlos García -os mellores oradores da fase preliminar na categoría de Bacharelato- que nos darán a coñecer os discursos de importantes personalidades que a eles lles parecen inspiradores.

Parabéns aos participantes en "PARLAMENTO XOVE 2014"


O sábado 15 estiveron dous equipos compitindo no debate "Parlamento Xove". Non venceron, pero convenceron ( palabras de Neves Amado)

Parabéns aos magníficos membros dos seguintes equipos:

  • Equipo I: Andrea Cruz, Quique de Ron, Violeta Moreira, Fernando Ramilo e a súa coordinadora Ana López Formoso.
  • Equipo II: Helena Conde, Antón Freire , Fran Miguens, Inés Mosquera, coordinados por Almudena García.

O próximo ano, nos só convencerán, senón vencerán.


SKIING...CONGRATULATIONS!!!!!!!!!!!!! TO OUR DREAM TEAM!!

WE ARE VERY PROUD OF YOU!

 

YOU ARE THE BEST EXAMPLE! You did your best.

 

A todo o grupo que foi a neve parabéns por todo o que conseguestes:ser un equipo e desfrutar do que iso conleva.

Información sobre o Plan de Formación

Nos ficheiros adxuntos está a información sobre o Plan para este ano. Botádelle unha ollada e decídeme en que grupo ou sobre que queredes traballar.

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer