MÁIS SOBRE AS LETRAS GALEGAS 2013

O Xoves 23 de maio o alumnado de 3º e 4º da ESO asistirá a proxección da película Doentes, baseada na obra de teatro do mesmo nome escrita por Roberto Vidal Bolaño. Esta actividade está organizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega e terá lugar na Casa da Cultura.

Podes ver o trailer da peli e descargar o cartaz da actividade.

 

 



AVANCES NO PLAN DE MELLORA AMBIENTAL

O alumnado participante no Plan de Mellora Ambiental reuniuse o martes 30 de abril durante o recreo para facer propostas e tomar decisións relacionadas coa implantación deste plan, E XA TEMOS ALGÚN AVANCE!

LETRAS GALEGAS 2013

documentais                   ROBERTO

                     VIDAL          A obra de Roberto Vidal Bolaño

Telexornal Vidal Bolaño         BOLAÑO                                  

DEZ GRANDES DEPORTISTAS NO IES MARUXA MALLO

Claudia Núñez, Claudia Rey e Aroa Sánchez de 1ºB, Natalia Castro de 2ºA, Adriana Calviño e Iria Rodríguez  de 2ºB, Marina Recouso de 2ºC, Antía Calvo de 3ºB, Ana Morano de 4ºB e Raquel Astray de 4ºC participaron, co Clube Alquimia de Ordes, no Torneo de Patinaxe Artístico que se celebrou en Ames o 20 de Abril e...

quedaron primeiras na súa categoría. FELICIDADES CAMPEONAS!

23 de abril: EXPOSICIÓN libro-película. ENTREGA de marcapáxinas e PREMIOS do Bibliojuego e do Edmallo Olímpico

O martes, 23 de abril Día do libro: exposición, entrega de marcapáxinas e premios no recreo. Se queres saber quen gañou pincha aquí.

O QUE SE DI POLO INSTITUTO É CERTO...

... LUCHI ESTIVO CON LEO MESSI e o resto da plantilla do Barça o sábado 30 de Marzo en Vigo!

Aquí tedes as fotos e a unha carta de agradecemento.

O triatleta santiagués Antón Ruanova no noso IES

  Fotos dese encontro.

 Este traballo que, durante tres meses realizaron as oito alumnas de 2º da ESO que aparecen na imaxe, culminou nun encontro deste deportista con todo o alumnado de 2º da ESO (atentos e atentas durante dúas horas a todo o que Antón lles contaba).

 Foi o día 21 de marzo cando se levou a cabo esta entrevista. Preparouse unha presentación en ppt para reproducir imaxes, vídeos, unha mensaxe do seu compañeiro Alberto, vídeos coas palabras da nai do protagonista, etc. Todo para conseguir o obxectivo inicial: sorprender e emocionar. Non foi difícil porque Ruanova estivo cercano e moi receptivo en todo momento.

De novo, GRAZAS ANTÓN!

 

 

 

 

 

FELICIDADES a Uxía Candal Gándara de 4º ESO B

O sábado 23 de marzo proclamouse campeona de España en corda junior no Campeonato de España de Salvamento e Socorrismo que se celebrou en Alcorcón. Accede a máis información facendo clic aquí.

NOVIDADES NA BIBLIOTECA!

Bibliojuego 2013      Exposición Olímpica

Fai clic aquí para acceder a toda a información.

RESULTADO DO SORTEO DAS RIFAS DA EXCURSIÓN DE 4º

Hoxe entregamos o 1º premio do sorteo das rifas que venderon os alumnos e alumnas de 4º ESO para recadar fondos para a excursión de fin de curso. O gañador das dúas entradas para o partido Depor-Celta do próximo domingo 16 de marzo foi Alejandro Mosquera de 4ºA que mercou a rifa co número 2315.

PLAN DE MELLORA AMBIENTAL

Durante o terceiro trimestre do curso levaremos a cabo un plan de mellora ambiental no instituto, centrado en tres aspectos:

  • mellorar a xestión dos residuos que producimos
  • diminuir o consumo enerxético
  • facer máis agradables algúns espazos do instituto

Concurso OPERACIÓN ORDES


Novos talentos musicais 2013. 
Se estudas nalgún centro de ensino da comarca de Ordes e se che gusta a música ou cantar, esta é a oportunidade de amosar o teu talento musical. Consulta as bases do concurso no arquivo adxunto e se queres máis información fai clic.

E TI QUE FALAS?

                           A VOZ DA LINGUA en RadioVoz.


Se non puideches escoitar o programa de radio que fixeron os alumnos e alumnas do Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) baixo a coordinación de Charo, e que se emitiu en RadioVoz, agora podes facelo aquí.

Recorda que hai reunións todos os xoves durante o recreo en usos múltiples

EXPOSICIÓNS

Estes días podemos ver e aprender con dúas exposicións colocadas nos corredores do noso instituto:

ISAAC DIAZ PARDO

 

O ENSINO NA IIª REPÚBLICA

Elaborada e cedida polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES Nº1 de Ordes.

              

Propiedade da Fundación 10 de Marzo de CCOO, solicitada polo departamento de CSXH.

 

 


Distribuir contido