O CAPITÁN DA SD ORDES ENTRÉGANOS UNHA CAMISETA DO EQUIPO

   

Álex Castro, exalumno do noso Instituto e actual capitán do Ordes, visitounos para facernos entrega da camisola do seu equipo, asinada por todos os futbolistas. Colocarémola no muro do instituto no que xa temos unha impresionante colección de camisolas de moitos equipos galegos. Sorte na liga!

BENVIDOS AO CURSO ESCOLAR 2013/14

Como sabemos que estades impacientes por empezar Guiño as profesoras, profesores e demáis membros da comunidade escolar do IES Maruxa Mallo dámosvos a benvida e esperámosvos:

- alumnado de 1º ESO: o luns 16 de setembro ás 11:00 . A presentación durará aproximadamente dúas horas e haberá transporte escolar con horario adaptado á hora de inicio e finalización desta xornada. O martes hai clase co horario habitual do centro, de 9:10 a 14:40.

- resto de alumnado da ESO: o martes 17 de setembro ás 9:10 co horario habitual do centro.

- alumnado de PCPI: o luns 23 de setembro ás 9:10 co horario habitual do centro.


O 50% DO ALUMNADO APROBOU TODO EN XUÑO!

   
 Parabéns

a todas e todos eles

polo esforzo e o bo traballo realizado.


EXAMES SETEMBRO 2013

No arquivo adxunto pódese consultar o horario dos exames de setembro.

OLLO! Os exames que figuran nas aulas de 3ºA e 3ºB cambian para 1ºB e 1ºC, respectivamente.

Matrícula curso 2013-14

No apartado Administración/Secretaría está dispoñible a seguinte información:

- MATRÍCULA
- GRATUIDADE SOLIDARIA
- RELACIÓN DE LIBROS DE TEXTO

En todos os casos  pódese acceder a información e a documentación.

FESTIVAL FIN DE CURSO 2012-13

Venres 21 de xuño de 10:30 a 13:30 na Casa da Cultura

Resumo en fotos das actividades da biblioteca.

Podedes acceder a un resumo de todas as actividades da biblioteca en forma de fotos neste enlace.


Non estaría completo este post sen un agradecemento á persoa responsable que fixo posible que todas estas actividades se levasen a cabo: Ana Calvo coa colaboración en moitos casos doutros profesores.


Desfrutade.

EN-CANTADORAS GAÑADORAS

As En-cantadoras, as pandereteiras do noso instituto, gañaron o concurso músical Operación Ordes, no que participaron diferentes centros da comarca.

FELICIDADES EN-CANTADORAS!

NOELIA CERNADAS MÉNDEZ, premiada no concurso de novos talentos de Coca Cola, na modalidade de relato curto.

A nosa compañeira Noelia Cernadas Méndez, de 2º de ESO, conseguiu un éxito sensacional: foi premiada nun dos concursos de relato curto para institutos máis prestixiosos de España (chega con dicir que a primeira     edición deste premio tivo lugar no ano 1960).

  O acto de entrega de premios tivo lugar nun lugar excepcional: o Salón Rexio do Círculo de Belas Artes de Lugo (http://www.circulodelasartes.org/) e contou coa presenza de Valentín Gómez, Secretario Xeral de Política Lingüística.

A continuación, podedes ver un par de fotos de Noelia co seu diploma. Noraboa!

Excursión 4º ESO. Itinerario e actividades

Podedes consultar neste fixeicho adxunto.

Xa somos famosos en Cangas e arredores!!!!!!!!

Tedes o enlace ao artigo aquí.

Xa somos famosos en Cangas e arredores!!!!!!!!

O IES Maruxa Mallo e Luchi presentes no Facebook do Balonmán Cangas

Podedes ver o famosos que somos aquí 

Ídelle dando as grazas a Anxo.

Luchi non para............

Luchi non para............

Balonmán en Cangas cos alumnos de 2º ESO

 

O Sábado 11/05/2013 @s alumn@s de 2º curso asistiron, invitados polo equipo de Balonmán  "Frigoríficos do Morrazo" de Cangas ao partido que lles enfrentou co "Alser  Porto Sagunto" no Pavillón do " Gatañal" en Cangas, pertencente á antepenúltima xornada da liga ASOBAL.

Agradecer a toda a directiva e xogadores do Cangas Balonmán pola excelente acollida antes, durante e despois do partido.

Minutos antes do pitido inicial do árbitro,  o veterano capitán do "Cangas" Fernando Eijo, fíxolle entrega  a Luchi,en representación de todo  o alumnado, dunha camisola asinada por todos os xogadores do equipo para que colguemos no noso ROCHO DAS CAMISOLAS do noso instituto..

Moitas grazas a todo@s por participar nesta actividade

A BONECA AZUL por Camila Rieiro Rivero (3º ESO B)

2º PREMIO
I CERTAME DE BANDA DESEÑADA AXI
IES Xelmirez I. Santiago.

FELICIDADES CAMILA!

Excelente traballo! En poucos días verémolo exposto no noso instituto. Queres ler o cómic completo? Descarga  o documento adxunto.
 
Distribuir contido