NON SE CUMPRIRON OS PROGNÓSTICOS: SUPERÁRONSE

 
 A NOSA AROA, GALARDOADA NO GAIÁS

QUEDOU DE TERCEIRA NA ÁREA DA VENCEDORA ABSOLUTA

Pincha na foto para vela na galería

Ás 6 da tarde do día 6 do mes 6, xuntáronse na Cidade da Cultura as 6 persoas seleccionadas de cada unha das áreas galegas.

Proclamáronse os sextos postos... e Aroa non estaba.

O mesmo aconteceu cos quintos e cos cuartos.

Foi moi emocionante saber que o seu traballo se encontraba entre os tres mellores da zona de Compostela, nomeadamente cando a alumna de Lalín que quedou de primeira nesta, tamén foi vencedora absoluta de toda Galicia, gañando unha estancia literaria na clásica Residencia de Estudantes de Madrid.

INDIAKA OU PETECA

Todo o alumnado de 1° curso da ESO, coincidiendo coa U.D. de Xogos e Deportes Alternativos en Educación Física, tiveron que fabricar durante este trimestre unha INDIAKA ou PETECA.

En Atención Educativa o alumnado de 1°C e 1°D, traballou buscando informaciòn sobre a súa orixe, historia e como se xoga ao o CALINCO, xogo brasileiro que ten como principal instrumento a PETECA. Toda a información está plasmada sobre tres cartolinas na entrada do insti para que o alumando e profesorado saiban sobre este instrumento de xogo.

Podes ver as fotos na galería.

NOVO ÉXITO LITERARIO DUNHA ALUMNA DO MARUXA MALLO

Fanse públicos os finalistas do concurso de redacción en galego da Coca-Cola.

Aroa Sánchez de 2º ESO A está entre os seis finalistas da área de Santiago.

O próximo día 6 de xuño ás 18:00 horas –o 6 do 6 ás 6– farase público o nome da persoa vencedora absoluta galega durante un acto que se celebrará na Cidade da Cultura.A área de Santiago preséntase con catro candidaturas da capital autonómica, unha de Lalín e a nosa de Ordes.

Por segundo ano consecutivo unha alumna do noso centro chega a esta fase na que o ano pasado nos representou Noelia Cernadas de 3ºA. As restantes áreas que optan ao premio absoluto son A Coruña, Ferrol, Lugo, Vigo e a macroárea de Pontevedra-Ourense. 

Accede á toda a información no arquivo adxunto e ás fotos na galería.

 

BALONCESTO NA CORUÑA

Este venres 11 de abril, o alumnado de 3º curso da E.S.O, e coincidindo coa U.Didáctica de Baloncesto na materia de Educación Física, asistiu a un partido en directo da liga ADECO ORO onde se enfrontaron no 1º partido de play off de ascenso á liga ENDESA ACB, os equipos do Leyma Natura Basquet Coruña e Unión Financiera Oviedo Baloncesto.

Os asturianos, cunha gran remontada no último periodo, venceron ao equipo galego cun marcador final de Leyma Natura Basquet Coruña 64 Unión Financiera Oviedo Baloncesto 70.

Os xogadores máis destacados foron, polo bando do LEYMA CORUÑA con 29 puntos e 30 de valoración para Jason Cain, e polos visitantes, gran encontro de Fran Cárdenas (20 puntos con 8/9 en tiros de campo) e ‘doble-doble’ para a dupla interior Juanjo García (15-13) e Van Wijk (10-11).

 

fai clic na imaxe para ver a foto na galería

Agradecer o trato recibido por parte de todo o equipo tecnico e deportivo do LEYMA CORUÑA, e en especial a Nacho Rama Casás por facer posible que levaramos a cabo esta visita.

ENCONTROS CON ESCRITORES

 

 Ana Alcolea visitou o noso centro o pasado luns pola tarde para comentar a súa novela "La noche más oscura" coas alumnas e alumnos de 4º ESO.

 O venres estará Gonzalo Moure en 2º ESO.

DE VISITA NA ETAP E NA EDAR DE ORDES

O alumnado de 1º ESO A e B visitou, o xoves 27 de marzo,  a ETAP (estación de tratamento de auga potable) e a EDAR (estación depuradora de augas residuais) de Ordes, acompañados pola profe de Ciencias Naturais, Cristina París.

O vindeiro xoves irán o resto de grupos.

Pincha para ir vendo as fotos.

CONVOCADAS ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS EXTRANXEIRAS NO ANO 2.014

A Consellería de Educación convocou axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras para o ano 2014, destinadas a alumnado da ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos. Podedes consultar toda a información aquí.

BIBLIOJUEGO, KAMISHIBAI, BIBLOS, CÓMICS, ...

Moitas novidades sobre os traballos que estamos facendo no blog da biblioteca. 

CHAMANDO Á PRIMAVERA

 

Como xa estabamos fartas e fartos de tanta chuvia,  fixemos o que tiñamos que facer... Colocamos cores coma froitos nas árbores e noutros sitios do insti para que o tempo se confundira e pensara que xa era primavera e así deixara de chover.

Todo isto acompañado de cánticos e bailes para acelerar o proceso. E vedes como funciona?

Imos poñer máis e cando se consolide o tempo daremos os tapóns para as recollidas que se están a facer.

(fotos)

FOTOS, FOTOS E MÁIS FOTOS DAS ACTIVIDADES

A galería de fotos da nosa páxina web comeza a aloxar, pouco a pouco, as fotos das actividades que estamos a desenvolver

durante este curso.

PLANTANDO ÁRBORES NO PATIO DO INSTITUTO

Abeleiras, cerdeiras, castiñeiros ... 

   O plan de mellora ambiental do centro, no que traballa a xunta de delegadas e delegados, segue a desenvolver actividades.

O alumnado de 1º ESO está a plantar con Cris, a profe de Ciencias Naturais, novas árbores no patio do instituto.

Por como se manchan coa terra parece que están gozando!!!

Mira o resto de fotos na galería.

II CERTAME DE INVESTIGACIÓN HISTÓRICA

Se es muller e podes... ESTUDAR, agradécello a ...

Aventurareime a afirmar que mentres non se eduque á mulleres dun xeito máis racional, o progreso da virtude humana e do coñecemento recibirán freos continuos.

 Mary Wollstonecraft. Vindicación dos dereitos da muller (1792)

 

O prazo de entrega dos orixinais remata o xoves 3 de abril de 2014.

 

Consulta as bases no arquivo adxunto.

O ALUMNADO DE PLÁSTICA DE 4º ESTÁ EN LONDRES

Aquí tedes algunhas das fotos que enviaron. Para ver máis fai clic aquí.

            

SAÍDA DAS MOCHILAS VIAXEIRAS O DÍA 19 DE DECEMBRO

O xoves, 19 de decembro entregaremos as mochilas viaxeiras ao alumnado que as reservou previamente. Estade pendentes da lista coa orde de adxudicación. Será durante o recreo. Agradécese puntualidade!

Podes entrar no blog da biblio para ver máis.

 

ENTREGA DE CARNÉS A NOVOS USUARIOS DA BIBLIOTECA

Durante o recreo do luns 28 de outubro entregaranse os carnés de usuario ao novo alumnado do centro.

Será na biblioteca, regalaranse marcapáxinas a todos os asistentes e prometen que haberá algún sorteo ¿?

Distribuir contido