O Instituto de Educación Secundaria Lauro Olmo de O Barco, está situado na rúa Calabagueiros de O Barco de Valdeorras, fronte ó pavillón polideportivo, o centro de saúde e ó Centro de Formación do profesorado. A un lado o campo de fútbol de Calabagueiros e ó outro lado o CEIP Condesa de Fenosa. O entorno do centro é unha zona escolar onde están ubicados a maioría dos centros educativos de O Barco, o CEIP Condesa de Fenosa, que está adscrito a este Instituto, o I.E.S Martaguisela e o CEIP Julio Gurriarán.O Instituto de Educación Secundaria Lauro Olmo, recolle alumnado procedente da propia localidade e de distintos pobos das proximidades. O Barco é a localidade máis dinámica da comarca de Valdeorras, conta cunha poboación duns 14.000 habitantes, pero a súa poboación flotante é moito maior.
O Barco de Valdeorras é o eixe vertebrador da vida da comarca valdeorresa. O motor económico é a industria da louxa, que proporciona traballo a unha gran parte da poboación, e atrae traballadores doutras zonas de Galicia, de España e tamén do estranxeiro. Outros sectores relevantes a nivel socioeconómico son o da viticultura, construción e o sector servizos.
En O Barco están os Xulgados, Facenda, delegacións de Presidencia, Hospital comarcal, entidades bancarias,hostelería e comercio en xeral, o que da un gran dinamismo á vila. Os sectores económicos exercen unha atracción de poboación de fora do contorno valdeorrés o que fai que o noso centro como os da bisbarra reciba alumnado de máis de 15 nacionalidades, sobre todo de Portugal, Latinoamérica e paises do leste de Europa.
