Profesorado

Alumnado

Taboleiro

Listaxe libros texto para o curso 2020/2021

No arquivo axunto están recollidos os libros de texto que se empregarán nas diferentes materias durante o curso escolar 2020/2021.

Listaxe provisional de persoas benficiarias do fondo solidario de libros de texto

No taboleiro de anuncios do centro está exposta ao público a listaxe provisional de persoas benficiarias do fondo solidario de libros de texto, así como a listaxe provisional de solicitudes excluídas.

Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación Fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital da FNMT.

Información diversas ensinanzas

Axúntase a seguinte información:

1º. Calendario de acceso a ciclos ordinarios e de adultos. Recordamos que o prazo de solicitude "ordinario" remata o día 8 de xullo ás 14:00 H. Haberá tamén un periodo "extraordinario" de solicitude en setembro. Ver calendario.

Descarga neste enlace: Calendario

2º. Información acceso Ensinanzas Escolares de Arte de Galicia e titulacións ofertadas.

Descargas nos enlaces: Escolas de arte   EASD.OU

3º. Tríptico: Difusión FPBásica Cociña e Restauración do noso centro. Presentación Módulos Específicos FPBásica Cociña e Restauración do IES Lagoa de Antela.

Descargas nos enlaves: FPB Cociña   Módulos específicos

Publicación das listaxes provisionais de alumnado admitido para o curso 2020/2021

De acordo coa resolución da Consellería de Educación de 7 de maio de 2020 sobre o restablecemento do procedemento de admisión de alumnado de ESO e Bacharelato en centros públicos para o vindeiro curso académico 2020/2021 faise público o listado provisional de alumnado admitido neste centro.
A partir desta data poden formularse reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.

LISTAXE ADMITIDO CURSO 2020-2021

Calendario fin de curso 2019/2020

Faise público o calendario fin de curso 2019/2020 que inclúe a seguinte información: datas de entrega de notas de 1º Bacharelato e FP Básica, datas de entrega de notas da ESO e recollida de libros de préstamos nestes grupos, revisións e reclamacións, e matrícula para o vindeiro curso 2020/2021 en ESO e Bacharelato.

Dispoñible para descarga no seguinte enlace:

CALENDARIO FIN CURSO PUBLICO 2019-2020

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto

Publicada a Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21 (código de procedemento ED330B).

O prazo para presentar as solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 19 de xuño de 2020 incluído

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal.Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Para presentar as solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

CARTA INFORMATIVA AOS PAIS

Formulario de solicitude

Orde do 12 de maio de 2020 (DOG)

 

Publicación addendas e criterios de cualificación programacións COVID-19

Nos respectivos enlaces dos diferentes Departamentos desta web atópanse expostas para toda a comunidade escolar as adaptacións das programacións didácticas do que queda de curso 2019/2020, medidas de carácter provisional por mor da situación do COVID-19.