Profesorado

Alumnado

Adverso metereolóxico de vento, frío e neve para mañá martes 17 de xaneiro

Para mañá esta previsto un adverso meteorolóxico de vento, frío e neve que afectará a toda Galicia.
A Consellería decretou para a zona Sur de Ourense, onde se inscribe a Comarca da Limia, unha supervisión por mor de posibles efectos climatolóxicos que dificulten o transporte escolar, o que supón que mañá haberá transporte escolar de xeito ordinario e por suposto, clases lectivas no seu horario normal.
De todos modos, aínda que haxa transporte escolar, si a situación empeora pola noite é posible que non se poida ir buscar a algún alumnado na contorna por mor da neve.
Así mesmo, é posible que en algún momento da mañá as propias empresas de transporte veñan polos rapaces antes de tempo para levalos a casa si empeora a situación.
O centro permanecerá aberto no seu horario normal e o alumnado atendido polo profesorado que estea no centro.
Sexa como for, intentaremos informar o antes posible de xeito oficial. En caso de dúbida, poden consultar a páxina web oficial da Consellería para ver como se vai xestionando a situación.
Boa noite e vixíen o tempo para ter en conta calquera posible incidencia.

PLAN DIXITAL

Este Plan Dixital foi elaborado por un grupo de traballo de profesores do IES Lagoa de Antela que se reuniu periodicamente para levar as cabo as diferentes tarefas que conduciron á redacción final do Plan.

Plan dixital

Samáin Dptos de Galego e Plástica

Tamén as compañeeiras dos Dptos de Galego e Plástica quixeron celebrar o Samáin; aí tendes a exposición que prepararon con seus alumnos. Non faltaron os efectos de luz nin de son. Terrorífico!

Álbum: Fotos 2022-2023 -> Samaín Galego

Samaín FPB Cociña

Hoxe os mestres e alumnos de FPBásica de Cociña quixeron celebrar o Samaín,  e amablemente  ofertaron un almorzo terrorífico para o profesorado que o desexase; a esta degustación tamén foi convidada unha representación do alumnado de cada clase. Velaí algunhas fotos do evento.

Álbum: Fotos 2022-2023 -> Samaín FPB Cociña

Recollida vale (25 €) adicional para adquirir material escolar

As familias xa poden recoller no centro o vale adicional de 25 € para adquirir material escolar. O vale debe empregarse preferentemente en librarías/establecementos da localidade antes do 1 de decembro de 2022.