Profesorado

Alumnado

Premio da V edición do proxecto ciencia e tecnoloxía en feminino

O noso centro resultou gañador do premio da V edición do proxecto ciencia e tecnoloxía en feminino organizado polo Parque Tecnolóxico de Galicia S.A. (Tecnópole), coa presentación do vídeo titulado:
“Parques Tecnológicos Sostenibles: Transporte, alimentación y energías renovables”

 AUTORES (baixo a dirección do profesor Miguel Yebra):
Cerredelo Rodríguez, Xurxo
Paz Martínez, Nerea
Montero Rodríguez, Eduardo
Quintas Rodriguez, Noa
Romeo Puerta, Franco Santiago

O premio consiste nunha achega económica de 500 euros coa finalidade de custear parte dos gastos para asistir ao programa de actividades promovido pola APTE (Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España) o 25 de abril en Madrid.

 

Encontro de xoves investigadores

Dous traballos dos presentados ao 38º Encontro de Xoves Investigadores por alumnado do IES Lagoa de Antela dirixidos polo profesor Miguyel Yebra (“¿Afecta la cantidad de superficie a la fuerza de rozamiento?” y “¿Todos los pelos tienen el mismo grosor?”) foron becados na presente edición.

ROSALÍA NA LIMIA

O 23 de febreiro celebramos o día do nacemento de Rosalía de Castro e a escritora andou de visita pola Limia.
 
A súa poesía prendeu nas alcaldías dos concellos de Baltar, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Vilar de Barrio, Vilar de Santos e Xinzo de Limia.
 
Os seus representantes abríronnos as portas para recitar uns versiños da obra en galego da poeta e así poder compartir con toda a veciñanza, a través das webs dos concellos, como nós o facemos a través desta pequena xanela, as súas verbas.
 
A través das súas voces a escritora segue a encher de música e sentimento os nosos días achegándose tamén ao pobo e saíndo das aulas.
 

Final comarcal de campo a través

Este pasado venres celebrouse no hipódromo de Xinzo a final comarcal de campo a través, na que participaron alumnas e alumnos de diferentes cursos do noso instituto. A participación no evento foi organizada pola profesora Verónica Vázquez do departamento de Educación Física, coa colaboración do outro membro do departamento Roberto Mateos.

Alcanzaron, como equipo, o primeiro posto en tres das catro categorías nas que participaban (infantil masculino, cadete masculino e cadete femenino), mentres que no ámbito provincial lograron clasificarse todas e tódolos alumnos que participaron. Por xunto colleitaron cinco medallas, moitos parabéns ao alumnado participante!

Na galería repróducense varios momentos deste evento deportivo.

Álbum: Fotos 2022-2023 -> Final comarcal de campo a través

Suspensión do transporte de escolares durante o mércores 18

Segundo a Comisión de alerta da Xunta de Galicia, mañá mércores, día 18, está suspendido o transporte escolar nos centros educativos situados nos concellos das zonas de predición nas montañas de Ourense e sur de Ourense (o noso centro está nesta zona).

Está medida só afecta aos escolares transportados, o resto sigue todo igual (salvo que ata mañá houbese outras instrucións por parte da Consellería).

Polo tanto, o centro estará aberto no seu horario habitual; tentaremos impartir clase ao alumnado que acuda, e o profesorado estará dispoñible sempre que lle sexa posible acudir ao seu posto de traballo. Non é descartable que ao longo do día se suspendan as clases, polo que deberán estar atentos e dispoñibles para vir buscar os seus fillos e fillas, de selo caso.

Calquera outro problema ou novidade, intentaremos avisalos o antes posibles, por Abalar, a Web ou persoalmente. Tamén poden consultar a través dos teléfonos do centro (988788548 e 634501975)