Profesorado

Alumnado

PRAZO LÍMITE PARA PRESENTAR SOLICITUDES DE BECA PARA ESTUDOS POSTOBRIGATORIOS

As becas xerais para o curso 2023/2024 poden ser solicitadas ata o 17 de maio deste ano 2023; non é aconsellable deixar o trámite para o último día, fóra deste prazo non se admite ningunha solicitude.

A presentación debe realizarse a través da sede electrónica, donde queda arquivada toda a documentación.

As diferentes comunicación realizanse a través das notificacións na sede electrónica; debes estar atento a elas.

CALENDARIO FINAL PENDENTES DA ESO (2022/2023)

Faise público o calendario final de exames de materias pendentes deste curso 2022/2023

CUESTIONARIO DE ESCOLA INCLUSIVA (PROA+) - IES LAGOA DE ANTELA

Neste curso escolar, e dentro do programa auspiciado polo Mecanismo de Recuperación e Resiliencia, que noso centro solicitou, financiado pola Unión Europea NextGenerationEU, este centro educativo debe iniciar un Plan Estratéxico de Mellora para o próximos tres cursos escolares. Para a realización deste Plan é fundamental á participación e recollida de información de toda a comunidade educativa a través do seguinte formulario (pincha na imaxe para acceder ao formulario):

           

Agradecemos de antemán a súa colaboración na realización deste cuestionario anónimo, cuxos datos servirán para a realización do devandito Plan (PEM).

A data límite será o 28 de Abril.

Folga de transporte do día 31 de marzo

A folga convocada no transporte para o día 31 de marzo afectará tamén ao transporte escolar.

 

En paradas situadas a menos de 4 km do centro non haberá transporte, que no noso centro son as que se recollen a continuación:

 

Nome da ruta Saída Chegada
Xinzo de Limia E.A.-IES Cidade de Antioquía 8:15 8:18
Xinzo de Limia E.A.-IES Cidade de Antioquía 14:15 14:18
Hotel Xinzo-IES Cidade de Antioquía 8:15 8:25
Hotel Xinzo-IES Cidade de Antioquía 14:10 14:20
Cristaleria-IES Lagoa de Antela 14:10 14:20
Cristaleria-IES Lagoa de Antela 15:40 15:50
Villasana-Xinzo de Limia E.A. 14:10 14:20
Villasana-IES Cidade de Antioquía 8:15 8:20
Xinzo de Limia E.A.-IES Cidade de Antioquía 8:15 8:25
Xinzo de Limia E.A.-IES Cidade de Antioquía 14:10 14:20
Villasana-IES Cidade de Antioquía 8:15 8:20
Villasana-IES Cidade de Antioquía 14:10 14:15

Por outra parte considerar que tamén é posible que se vexan afectadas outras paradas por efecto desta folga, polo que deben estar atentos a posibles desaxustes no servicio.

 

Campionato Galego de Campo a Través

Este pasado sábado día catro de marzo celebrouse no circuíto Cabio (A Pobra do Caramiñal) o Campionato Galego de Campo a Través.

Na proba participaron alumnos do noso instituto, logrando posicionarse en postos dignos e meritorios. Na categoría cadete masculino competiron Nicolás Cid Lordi (posto 61) e Mohamed Nagihi (posto 36), mentres que en infantil masculino fixo Aarón Blanco Ferreiro (posto 52).

A actividade foi programada polo profesorado do Departamento de Educación Física, Verónica Vázquez e Roberto Mateos, quen acompañou nesta ocasión ao alumnado.

Moitos parabéns para alumnos e profesores!

Álbum: Fotos 2022-2023 -> Campionato galego de campo a través