Skip to Content

Guías Prácticas Fontexería
Curso de Galego
Bolsa de Emprego Fontexería

 

Servidor Abalar do centro

Recursos Didácticos

Atención a pendentes

 

Blog da Biblioteca

O andel violeta

Dende o curso 2020/2021 a Biblioteca do Fontexería conta cun novo espazo: O ANDEL VIOLETA. Nel atópanse numerosos libros de diferentes xéneros que tratan temáticas coma a diversidade afectivo-sexual, o bo trato, o apoderamento feminino, as novas masculinidades, a gordofobia... Todos eles son ferramentas que nos axudan a construír un centro máis diverso e igualitario. 

Charla de Xaquín Maceiras sobre "Produción musical e creación de novos xéneros urbanos"

Xaquín Martínez Maceiras, exalumno do instituto, impartiu unha charla o mércores 28 de abril sobre a produción musical e creación de novos xéneros urbanos no que se incluiu un exemplo práctico de creación dunha canción no que participaron activamente os alumnos de 1º de bacharelato

DÍA DAS LETRAS GALEGAS: ACTIVIDADES NA BIBLIOTECA

As actividades que programamos na Biblioteca para conmemorar o Día das Letras Galegas, consisten na proxección durante os recreos (días 10 a 18 deste mes) dunha presentación sobre o homenaxeado, Valentín Paz-Andrade  e a exposición dun exemplar da primeira edición do seu poemario "Pranto matricial" (que posuímos gracias á donación que recibimos hai uns anos).

Distribuir contido


Iniciar sesión: Acceso
by Dr. Radut