Skip to Content

Guías Prácticas Fontexería
Curso de Galego
Bolsa de Emprego Fontexería

 

Servidor Abalar do centro

Recursos Didácticos

Atención a pendentes

 

Dinamización Lingüística

#OTaboleiroAbril

Chega o Taboleiro no que a nosa XXXIII Semana Cultural "Non hai fronteiras" será a grande protagonista...

 

https://padlet.com/archivemuros/bei4dc80xaae0b1z

Calendario abril

A imaxe de Claudia Fernández Barreiros ilustra este mes de cambios. E como texto, desta volta escollemos un fragmento de "Imaxinábaa" pertencente ao poemario "Simún", de Nuria Vilán Prado. A multifacética artista visitounos este luns 4 de abril para falar, dentro das actividades da nosa XXXIII Semana Cultural "Non hai fronteiras", de Rosalía de Castro e de poesía en xeral.

Flashmob 1 Bac

 

Resumo en vídeo e fotos da actividade que tivo lugar no segundo recreo deste martes 29 de marzo.

https://youtu.be/DPAJR1OWMho

#OTaboleiroMarzo

Xa temos o trasunto dixital do Taboleiro do corredor da primeira planta. Coma sempre, ao ongo do mes irá recollendo novas, actividades, infos...

https://padlet.com/archivemuros/2jcw2ya4pwjgy6sq

#Entroido22NoFontexería

Un ano máis o Entroido voltou ao Fontexería. Logo de toda unha semana de "cumplir cos mandatos" propostos pola Vicedirección do Centro, o venres 25 tivemos desfiles e actuacións que animaron a xornada no noso Centro.

Estes son os enlaces para ver vídeo do venres e galería de fotos de toda a semana.

https://youtu.be/hF7pmVLBX04

Calendario marzo

A imaxe do resultado da actividade do #_rdc_2022 no Fontexería ilustra o calendario de marzo. 

#_rdc_22 O vídeo da actividade no Fontexería

 

Este enlace amosa un pequeno resumo en vídeo da actividade de celebración do Día de Rosalía 22 no IES Plurilingüe Fontexería

https://youtu.be/r1d2SGKBZhQ

#_rdc_2022 Galería de Imaxes da actividade no Fontexería

Este é o enlace para ver as imaxes da Celebración do Día de Rosalía  no noso Centro, o pasado 23 de febreiro. Aproveitamos, xa que logo, para agradecer a participación do profesorado e alumnado nesta actividade.

https://youtu.be/k8De6z2Iffs

#SementadePensamentos#_rdc_2022#rdc_22

 

Os tres cancelos do título serven para visibilizar na Rede o Día de Rosalía de Castro 22. Dende este ano, esta lembranza pasa a celebrarse o 23 de febreiro, logo da recente confirmación desta data como a do verdadeiro día de nacemento da autora.

Entrega de agasallos e lectura Certame "Dígocho con (des)amor"

 

Para ver as imaxes da entrega....

https://youtu.be/Gc_V1Uk_GD8

Distribuir contido


Iniciar sesión: Acceso
by Dr. Radut