Skip to Content

Guías Prácticas Fontexería
Curso de Galego
Bolsa de Emprego Fontexería

 

Servidor Abalar do centro

Recursos Didácticos

Atención a pendentes

 

Francés

PLAN DE TRABALLO PARA O ALUMNADO QUE SOLICITE CAMBIO DE IDIOMA

De acordo coa Orde do 5 de maio de 2011, pola que se regulan determinados aspectos relativos ao desenvolvemento do bacharelato, se se dá o caso de cambio de lingua estranxeira, tanto na materia común como na segunda lingua estranxeira, e o alumno de 2º de Bacharelato non poda acudir ás clases do ano anterior, o Departamento proporá un plan de traballo, seguindo os contidos mínimos exixibles na etapa correspondente.

  •  CONTIDOS MÍNIMOS

Os contidos mínimos neste caso son os mesmos que os de Francés II lingua estranxeira.

  • ACTIVIDADES

O departamento facilitará ao alumnado unha serie de fichas por trimestre, que recollan os aspectos fundamentais da materia, así coma exercicios prácticos que deberá entregar resoltos antes da data fixad para tal fin.

  • PROBAS PARCIAIS

No caso de NON realizar (ou non entregar) as actividades , o alumnado deberá presentarse á proba final (maio ou xuño) na data marcada , e da que será convenientemente avisado.

CONTIDOS MÍNIMOS ESIXIDOS Ó FINAL DO PRIMEIRO CURSO DE BACHARELATO PARA SUPERAR A MATERIA FRANCÉS II

O finalizar este curso, o alumno será capaz de expresarse con certa fluidez tanto oralmente como por escrito. Para elo, coñecerá e saberá utilizar correctamente os seguintes aspectos:

Morfoloxía:

Primeiro trimestre

- Presentarse e falar de si, presentar a alguén, saúdos, pedir informacións
- A descrición
- A familia
- Momentos da vida cotiá, a hora
- Ordenes
- Preguntar e dar un prezo, ir de compras
- Facer suposicións, comparacións

Segundo trimestre

- O tempo
- Contar algo en pasado, falar do que vai pasar, contar un feito cronoloxicamente, dar indicacións temporais, comprender un feito do pasado
- Describir roupa
- Interviuvar a unha persoa

Terceiro trimestre

- Entender e redactar textos para pedir traballo, respostar a unha oferta de traballo, comprender e
redactar un CV
- Aceptar ou rexeitar unha invitación
- Presentar un proxecto
- Formar hipóteses
- Argumentar, expresar unha opinión, comprender unha critica, expresar opinións sobre temas de
sociedade

Léxico:

Primeiro trimestre

- Linguaxe da aula
- Datos persoais
- Países e nacionalidades
- Deportes e ocio, as festividades, a música, os instrumentos
- Números,días da semana, meses do ano, data, obxectos ordinarios, a hora

Segundo trimeste

- O corpo humano, o carácter, a roupa, as cores
- A familia
- A conversación telefónica
- A habitación
- O tempo

Terceiro trimestre

- Os momentos da vida
- O mundo do traballo, o léxico do CV
- O medio ambiente

Fonética:

( Ao longo de todo o curso)
- Acento de insistencia
- Mise en relief
- Énfase
- Vogais, semivogais e consoantes
- Liaison
- Sons, ritmo e cadencia



Iniciar sesión: Acceso
book | by Dr. Radut